Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 22/06/23
    Coñecían os riscos e as posibles consecuencias. Así defendía hoxe o letrado que defende a medio cento de víctimas do accidente do Alvia a súa acusación ós dos imputados polo sinistro. E adicou boa parte da súa itnervención a desmonta-los argumentos do fiscal pra retira-la acusación ó ex director de seguridade de ADIF. Lembra que foi quen asinou o informe de segriadde sen avaliación de riscos, e quen retirou o sistema ERTMS que podería ter evitado o sinistro - Cambio de estratexia na reconstrucción dos viaductos da A-6 en Pedrafita. O Gobero decide que se executen as obras nas dúas direccións ó mesmo tempo tal e como recomenda un informe técnico do Ministerio de Transportes. - En Vigo, varios milleiros de traballadores do metal bloquearon os accesos ós recinto feiral. Mobilización, cadrando coa terceira xornada de folga no sector ante a falta de acordo no convenio, que provocou problemas de tráfico no enterno do aeroporto. - En Ourense, ningún dos candidatos que PP e PSOE presentaron á alcaldía da capital van figurar como portavoces municipais. Hoxe Manuel Cabezas e Francisco Rodríguez non asistiron ó pleno da corporación. pero ambos partidos negan que vaian dimitir. - En Celanova, entregados ás familias os restos de Abelardo Suárez e Marcelino Fernández. Foron fusilados en 1939 no mosteiro de Celanova, que era utilizado como prisión
    45 min
  • Crónica de Galicia - 22/06/23
    O fiscal do xuizo do accidente do Alvia defendeu hoxe a sua decisión de acusar únicamente ó maquinista do tren do sinistro que causou a mrote de 80 persoas. Di que o que se xulga é o que pasou aquela xornada, e que Francisco José Garzón desatendeu as súas obrigas durante a condución do convoio. Unha imprudencia grave nunha liña na que o ministerio público non ve neglixencia no deseño ou construcción. As outras partes sí manteñen esa acusación a Andrés COrtabitarte.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/06/23
    No xuizo do Alvia, de momento só o fiscal exculpa ó exdirector de seguridade de Adif e centra a causa do descarrilamento na conversa que mantiveron o maquinista e o interventor. Os avogados das asociacións de víctimas cuestionan a mudanza de criterio da fiscalía e culpan tanto ó maquinista como ó alto cargo de Adif.
    Este xoves, nova xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, hai previstas manifestacións en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, e os sindicatos xa convocaron outros tres días de folga ante a falta de acordo sobre o convenio coa patronal.
    O tempo: Desde hoxe quedamos baixo influencia anticiclónica e van inr subindo as temperaturas.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 21/06/23
    Tensión na recta final do xuizo do alvia. Logo de escoitar a exposición oral do fiscal as familias acúsano de burócrata que segue ordes do estado ao esculpar o ex director de seguridade. E cara o verán comezan os preparativos de dispositivos especiais, coma os de loita conta os incendios e os de salvagarda nas zonas de baño... a federación de socorristas, di que non haberá persoal pra cubrir tódalas praias.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.