Turismo de Galicia e o concello de Santiago acordan poñer data para unha reunión sobre os temas pendentes neste materia...Algo que Raxoi leva solicitando desde hai tempo.
Aínda que hai vontade de diálogo...hai discrepancias en asuntos como a masificación ou a perda de viaxeiros en Lavacolla. O director de Turismo afea as mensaxes sobre "turistificación" lanzadas polo concello.
Isto, no día en que o presidente Alfonso Rueda promocionará na China o próximo Xacobeo 2027.
-O aeroporto de Alvedro absirve sen tensión o primeiro día de desvío de voos á terminal coruñesa polo peche de Lavacolla. Santiago estará 35 días sen operatividade polas obras na pista.
-A Confederación Española de Policía denuncia que aínda non teñen data para reformar a comisaría da cidade tra-lo incendio de hai dous meses e medio. O sindicato subliña que os axentes están traballando en condicións precarias
-Nova xornada de folga dos traballadores municipais de Cariño, -e xa van 15-, para demandar un cadro de persoal actualizado. De non haber avances nas negociacións co concello, avanzan folga indefinida a partir do 3 de maio
Escuchar audio