Ás 23 horas e 54 minutos desta noite pechaba o aeroporto de Santiago de Compostela, -tralo despegue dun último vóo a Barcelona-. A pista de Lavacolla estará INOPERATIVA por obras durante 35 días.
Un tempo no que Alvedro acollerá a meirande parte DOS SEUS VOOS. De seguido imos ata a terminal coruñesa que case duplicará a súa actividade.
Tamén, conversaremos coa plataforma "Vuela Más Alto", que leva tempo denunciando o colapso de Alvedro
-Primeira noite da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza no vestíbulo do Hospital de Ribeira. Manteñen a súa protesta e din que seguirán ata que os reciba a xerencia da área sanitaria, para abordar a opacidade nas listas de agarda.
-Visto pra sentenza o xuízo contra o loteiro da Coruña e o seu irmán, por presuntamente tratar de cobrar 4,7 millóns de euros dunha primitiva. A derradeira xornada reservouse pras conclusións finais das defensas, que piden a libre absolución
-Neste 23 de abril arranca a primeira feira do libro de Galicia, a de Ferrol. A inauguración será ás doce e media desta mañá na Praza da Constitución do Cantón. A pregoeira será a escritora ferrolá Cristina Otero
Escuchar audio