Renfe suspende nove viaxes este luns por falta de maquinistas. Seis afectan á provincia da Coruña.
OS traxectos son os media distancia que unen Vigo coa Coruña con saída ás 5 da mañá, ás oito e ás dez e 35; e pola tarde ás cinco e 16 minutos entre a cidade olívica e Santiago.
En sentido contrario, afectan ós trens con saída da Coruña con destino Santiago e Vigo ás oito da mañá, ás once e ás dúas. Renfe habilita unha alternativa por estrada.
- Folga estatal na compañía de teleservizos ABAI, antiga Atento. En Galicia ten oficina na cidade da Coruña, cun cadro de persoal de 400 empregadas .
-Os usuarios do programa Lecer da Coruña volven hoxe aos cursos no Fórum e no Ágora, despois de meses co servizo suspendido polos incumprimentos da antiga empresa concesaria, Serviplus.
-Na Audiencia Provincial da Coruña, hoxe está prevista a declaración dos dous acusados no xuízo pola Primitiva de 4,7 millóns de euros
Escuchar audio