O ex conselleiro de mar Alfonso Villares pide unha reflexión e unha desculpa ós que utilizaron políticamente a súa acusación nun proceso de agresión sexual, logo de que a sentenza que arquiva o caso por falta de indicios cobrase firmeza. Pedirá o reingreso no PP, pero non quixo falar da súa volta á consellería.
A Xunta estuda levar ó Constitucional a regularización de migrantes que dende hoxe poden pedir arredor de 10 mil residentes en Galicia.
O Tribunal Superior deberá decidir se eleva cuestión de inconstitucionalidade contra a norma que eliminou a protección do lobo ibérico.
Mobilizacións en toda Galicia contra o plan da Xunta para controlar as baixas laborais. A CIG achaca a súa duración á situación do sistema sanitario.
No tempo, vanse abrindo claros.
Escuchar audio