Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 10/05/23
    En Arousa as últimas dúas décadas a produción de moluscos mermou ata un 70 por cento segundo as especies. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa pide á Xunta a rexeneración dos bancos marisqueos e un estudo pra dar coas causas deste deterioramento. A CIG solicita amparo á Valedora do Pobo ante a crecente exclusión dixital. Hoxe entregou 6.000 sinaturas reclamando atención presencial obrigatoria tanto na Administración pública como en bancos e empresas. Concentracións hoxe en Vigo e A Coruña dos funcionarios do servizo de Gardacostas da Xunta. Denuncian que por seren traballadores públicos non poden acceder as vantaxes dos que están incluidos no Réxime Especial do Mar. Folga do sector metal da provincia de Lugo. Un paro reforzado con piquetes e concentracións para reclamar o aumento dos salarios segundo o IPC real. O tempo. Vanse abrindo claros, pero o que máis destaca é o descenso das temperaturas.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 10/05/23
    A pouco máis de 24 horas para o comezo das eleccións municipais, o foco está en Manuel Baltar e Gonzalo Pérez Jácome, que se uniron tra-las pasadas eleccións pra repartirse a presidencia da deputación e a alcaldía. Agora Baltar está pendente dun xuizo por un presunto delito contra a seguridade vial e Jácome ve comprometido o seu futuro pola filtración de distintos audios. A oposición pide á fiscalía que actúe. O tempo.
    Destaca o importante descenso das temperaturas.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/05/23
    suspendido o xuizo rápido en Puebla de Sanabria ó presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que estaba citado a declarar por un presunto delito contra a seguridade viaria. Unha citación que finalmente non se celebrou pola incomparecencia do letrado do presidente. Todo nunha xornada na que continuou a circulación de audios comprometidos do alcalde de Ourense e na que o PPdeG freou a tramitación da iniciativa lexislativa popular en defensa da atención primaria por considerala "trufada de partidismo".
    11 min
  • Crónica de Galicia - 09/05/23
    A actualidade política galega pasa hoxe por Ourense. POr un lado, o presidente da deputación, Manuel Baltar. O xulgado de Pobra de Sanabria rexeitou a súa petición pra suspende-lo xuizo rápido por delito de seguriade vial e decidiu trasladalo a vías telemáticas noutra hora da xornada. Aínda non trascendeu o que deu de sí esta comparecencia Mentres agardamos a coñecer o resultado desta vista oral, no concello ourensán segue a polémica entorno a Gonzalo Pérez Jácome. O alcalde fala de terrorismo informativo ante as gravacións que están a publicar o diario La Región, e hoxe tamén a voz de Galicia. Os seus ex-compañeiros en Democrcia Ourensana lembran que hai moito tempo que denuncian irregularidades e enriquecem,ento persoal do rexedor... - No Parlamento, rexeitada a iniciativa lexislativa popular en defensa da atención primaria. O PP descualifica ós promotores, aos que acusa de ter como único obxectivo o cambio de goberno na Xunta. - O persoal que traballa nas residencias públicas galegas denuncia a falta de recursos. Indican que nos últimos anos se incorporaron residentes con patoloxías que precisan de reforzos, sen que Política Social atenda as súas demandas. - Protesta do sector pesqueiro no día de Europa.... Ó mediodía fixeron soar as bucinas dos barcos pra chamar a atención da comisión europea. Asegura que está afastada dos intereses a pesca. - O terceiro sector insta aos políticos de todas as adminstracións a solucionar a emerxencia social da vivenda. A Xunta vén de anunciar 1.800 e o goberno central estima a construción de medio milleiro nas parcelas de defensa. Pero a rede galega contra a pobreza EAPN considera que debería ser o triplo pra comezar
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.