Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/05/23
    A sanidade é hoxe protagonista. No Parlamento vaise debater unha iniciativa lexislativa popular, avalada por 50 mil sinaturas, que busca o fortalecemento da atención primaria. Unha área da saúde pouco atractiva tamén para os médicos: na primeira selección de médicos residentes quedaron vacantes 39 prazas de médicos de familia.
    E saiban que quedou aprazada a comparecencia de Manuel Batar nun xulgado de Puebla de Sanabria por un presunto delicto contra a seguridade vial, tras ser sancionado por circular a 215 km por hora na A-52 en Zamora. O tempo: Tra-lo paso dunha fronte de madrugada quedará unha mañá en Galicia de ceos cubertos con chuvias de pouca intensidade. A partir do mediodía iranse abrindo claros
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 08/05/23
    estamos pendentes de que preste declaración xudicial a condutora de 82 anos implicada no accidente de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa, onde resultaron feridas 18 persoas. Entre as 4 hospitalizadas en estado grave, hai un mozo de 14 anos que dende esta tarde atópase estable dentro da gravidade tras ser intervido no Hospital Clínico de Santiago por unha hemorraxia abdominal. Todo isto nunha xornada na que o BNG de Ourense pediu á xustiza que tome medidas polos audios do alcalde Pérez Jácome, nos que pide a empregados do Concello que asuman a autoría da multa de tráfico en Vigo e polos audios nos que recoñece posibles irregularidades no financiamento da campaña electoral do seu partido Democracia Ourensana
    11 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 08/05/23
    O persoal de limpeza viaria de Ames secunda hoxe unha folga total, en demanda dun salario digno e acorde ao IPC. Os 21 traballadores recriminan que as últimas subas da empresa concesionario non supuñen non chegan nen sequera a un 1%, mentres a carestía da vida subiu un 6%. Hoxe reçunense en Santiago as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar con representantes do concello pra negociar un aumento da dotación a concesionaria Servisar. O hospital da Coruña estrea este luns unha nova unidade pros tratamentos ambulatorios de quimioterapia. Un servizo que antes se realizaba no Hospital Teresa Herrera, no materno do CHUAC. Continúa aberta a investigación pola morte da muller de 86 anos ocorrido na coruña o pasado venres. Malia que o corpo da vitima amosaba sinais de violencia , o acceso á vivenda non aparentaba que fose forzado.
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.