Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 05/05/23
    O conflito entre patronal e sindicatos do transporte de viaxeiros por estrada en Galicia están lonxe de solucionarse. Mantense a convocatoria de folga indEfinida a partir do luns aínda que na Xunta confían en que haxa solucións. Coa suba salarial como principal punto de conflito, os sindicatos están en desacordos cos aumentos propostos pra 2021 e 2022... Os traballadores tamén pedían cambios nas condicións de contratación dos acompañantes do transporte escolar. Así, a partir do luns haberá folga indefinida e os representantes dos traballadores xa pensan en impugnar os servizos mínimos.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 05/05/23
    Suspendida en Manila a vista programada pras 7 desta mañá, hora española, na que declararían no xulgado Filipino os tres policías acusados de asasinar ao Coruñes Diego Bello 2020. A Policía Local da Coruña poderá empregar xa drons pra vixiancia de grandes eventos, logo de que o último pleno ordinario do Concello aprobase o regulamento pro uso de aeronaves non tripuladas. A provincia contará con 37 praias con bandeira azul neste ano. Súma tan só un areal máis a lista do pasado ano; a praia da Caranza en Ferrol.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 05/05/23
    Mantense, a partir do luns, a folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada. O principal obstáculo na negociación entre sindicatos e patronal está na suba salarial: os empresarios vincúlana a actualización de prezos por parte da Administración. Aínda hai marxe pra alcanzar un acordo pero, de momento, non hai convocada ningunha reunión.
    Manuel Baltar non interviu no pleno no que a oposición lle volveu pedir a dimisión. a moción foi rexeitada. O vindiero martes terá que declarar como investigado por un presunto delito contra a seguridade vial. O tempo.
    Mantense a inestabilidade, pero soben lixeiramente as temperaturas máximas.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 04/05/23
    O incidente de tráfico do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, segue a estar no primeiro plano da actualidade política. Hoxe o suceso debateuse no pleno extraordinario da deputación no que o PP se deu por satisfeito e a oposición preguntase non só polo exceso de velocidade deste caso, 215 kilómetros/hora, senón por outras 10 infraccións da mesma natureza do coche oficial de Baltar. E dos datos do paro de Galicia que hoxe coñecimos dicir que é a cifra máis baixa de toda a serie histórica para un mes de abril.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 04/05/23
    O PSdeG pide a convocatoria da comisión bilateral de competencias entre o goberno nacional e o galego. Valentín González Formoso ofrécese como interlocutor entre Rueda e o executivo de Sánchez. Pra o BNG o proxecto de Lei do litoral da Xunta é un artificio que só busca a confrontación. Ana Pontón ten a impresión que o texto legal só busca a consolidación de ENCE na na ría de Pontevedra Baixou o paro en abril e xa hai menos de 140 mil desempregados. Pero Galicia foi a terceira comunidade cun peor comportamento do emprego a pesar do impacto da Semana Santa. Traballadores de correos propoñen prestar servizos financieiros, seguros ou de telecomunicacións. Sería un xeito de atallar a perda de servizos que sofre particularmente o medio rural. O tempo. mantese a inestabilidade e as treboadas, con temperaturas máis baixas.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.