Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/04/23
    Detencións e varios feridos, un deles hospitalizado, durante unha manifestación dos bateerios ás portas da sede da Xunta en Santiago.
    A decisión da consellaría do Mar de pechar varias zonas nas que ata agora tiñan permiso pra recoller mexilla encendeu máis os ánimos e uniu a un sector ata agora dividio. Na concentración participaron varios centos de productores de mexillón que pediron a dimisión da conselleira do Mar, Rosa Quintana.
    O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apoia a petición e pidelle ó presidente que se poña á fronte do conflicto.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/04/23
    As traballadoras do servizo de Axuda no Fogar de Carballo esixenlle a empresa adxudicataria FEPAS soldos dignos. Esta mañá manifestaranse pola da vila pra exixir subas acorde ao IPC. Os traballadores de Lacera no Hospital Abente y Lago suspenden a folga logo de que a empresa confirmase que se reunirá con eles o 20 de abril. Mañá de Pleno na Coruña. Os Grupos politicos insisten en pedir explicacións ao Concello sobre o STL, mentres Inés Rey reafirma que o seu goberno fixo as cousas ben. A UTE formada polas empresas, Endesa e Ferrovial, serán as encargadas do servizo de mantemento e suministro do alumeado das rúas de Santiago.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/04/23
    Aprazadas 400 operacións cirúrxicas nos dous primeiros días da folga de médicos convocada pola delegación galega do sindicato CESM. O paro está tendo o seu maior segumento nos hospitais, sobre todo nos de Ourense e Vigo.
    Novidades no accidente de Xove no que morreron catro xoves. O conductor, que segue hospitalizado, deu positivo en alcol. O outro ocupante que sobreviveu ó sinistro está a ser investigado por un presunto delicto de omisión de socorro. O tempo. Hoxe aínda persistirá certa inestabilidade atmosférica con algúns chuvascos máis probables ó norte e temperaturas baixas.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/04/23
    Neste segundo día de folga na sanidade pública, continúan as diferenzas entre as cifras de seguimento que calcula a Confederación Española de Sindicatos Médicos e as que calcula o SERGAS. Ademais, malia que Sanidade asegura que moitas das reivindicacións da CESM están acordadas na mesa sectorial, o sindicato nega que isto sexa así nunha xornada na que se confirmou que o conductor implicado no accidente de Xove deu positivo en alcol e na que os traballadores do servizo de limpeza do Hospital Abente y Lago da Coruña suspenderon temporalmente a súa folga polo despedimento de 5 compañeiras. A vindeira semana reuniranse coa empresa concesionaria pra tentar chegar a un acordo.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.