Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 17/04/23
    O Goberno de Santiago actualiza hoxe a licitación do servizo de transporte urbano. 58 autobuses serán actualizados, tras varios anos de avellentamento. Tamén se extreará un servizo rural. A Deputación deu luz verde ao proxecto pra renovación da casa da xuventude de Santiago, un proxecto polemico pra oposición que pide o seu derrubamento.  En Melide os páis e náis dos alumnos do centro Martagona esixenlle a Xunta fondos pra instalar unha cuberta no patio do colexio. Agora os alumnos pasan o inverno pechados nas aulas.
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 17/04/23
    Tras unha fin de seman de práctica normalidade, a folga de médicos volverá hoxe a provocar a suspensión de citas medicas. Hoxe séptimo dí de folga e concentracións ante os hospitais.
    Outr protesta afecta de novo á administración de xustiza: os funcionarios van realizar hoxe un paro de catro horas....o mércores teñen previsto parar toda a xornada.
    Deportes. O Celta pecha hoxe a xornada en primeira. Recibe ás nove en Balaídos ó Mallorca
    15 min
  • Crónica de Galicia - 16/04/23
    A folga de médicos en Galicia está a piques de cumprir unha semana. Dende o sindicato convocante CESM aseguran que están dispostos a seguir mentres non se acabe cunhas condicións de traballo precarias que repercuten tamén na atención ós pacientes. Hoxe domingo repítese a estampa do sábado, cuns servizos mínimos que chegan para cubrir, na práctica, case a totalidade das gardas. Polo demais, ambiente pre-electoral, co presidente da Xunta en México, a portavoz do BNG en Suíza e o PSdeG na convención do Partido Socialista en Valencia.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 15/04/23
    Centos de percebeiros pediron esta mañá ás portas da Xunta en Santiago respecto pros chamados "santuarios" do percebe, fronte á extracción da mexilla. Unha concentración que ten lugar só días despois de que outra protesta, neste caso dos bateeiros, acabase con carga policial. Desta volta houbo tranquilidade. A mesma que esta mañá atopamos nos centros sanitarios, malia a folga de médicos. Segundo CESM, o sindicato convocante, as gardas estaban cubertas ó cento por cento. Xa sobre a nova lei de Vivenda, a Xunta vén de solicitar ó Goberno unha conferencia sectorial con tódalas autonomías para abordar o contido do proxeto de lei. Acabamos de saber ademais que un home morreu esta mañá mentres cortaba leña en Chandrexa de Queixa, en Ourense. As forzas de seguridade traballan para aclarar o sucedido.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 14/04/23
    Nesta cuarta xornada da folga indefinida de médicos, os médicos trasladaron a súa protesta ás portas do hospital da Coruña. Alí mostraron o seu malestar polas declaracións do conselleiro de Sanidade, que se negaa negociar fóra da mesa sectorial. No eido laboral, os sindicatos e a dirección do centro hospitalario Povisa en Vigo chegaron a un acordo pra un novo convenio, mentres que o comité de empresa de Hiperxel en Pontevedra ameaza cunha folga o vindeiro martes, se non se soluciona a situación dos 200 traballadores da empresa.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.