Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 18/04/23
    A folga dos médicos cumpre unha semana. O sindicato convocante agarda que na reunión de mañá co SERGAS poidan acadar uns acordos mínimos para desconvocar temporalmente a folga. A conselleira de infraestructuras pidelle ó Goberno que revise os acordos coa concesionaria da AP-9. Ethel Vázquez considera que os acordos acadados nos últimos anos supuxeron un incremento extraordinario e desmesurado das peaxes. Os bombeiros forestais critican que co risco actual de incendios a Xunta os teña na casa. Na loita contra o lume din que é imprescindible o labor de prevención. No porto de Vigo continúa o operativo pra sacar da auga o cadaver dunha balea azul. Tratase dun ejemplar xuvenil duns 10 metros de longo que apareceu flotando na ría. O tempo. Outro día seco e cálido.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 18/04/23
    Óscar García Lema, o veciño de Teo de 62 anos que desapareceu o pasado 29 de marzo, podería ser o home cuxo cadáver apareceu aboiando ás marxes do Ulla, a pasada tarde. A policía investiga as causas, mentres se agarda a confirmación da autopsia, pra determinar a identidade do falecido.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 18/04/23
    Hoxe hai previstas novas concentracións ante distintos hospitais no marco da pola que desde hai unha semana manteñen os medicos, convocada polo sindicato CESM. O SERGAS citounos a unha reunión que se celebrará mañá.
    Estmos pendentes dos resultados da autopsia realizada ó corpo atopado onte no Ulla. A principal hipótese é que e trata de Óscar García Lema desaparecido en Teo.
    Un aviso de tráfico: desde agora ás oito ata o 30 de xuño, a autovía A-55, en Tui, vai quedar cun único carril en cada sentido. O motivo o corte da calzada, por obras nun noiro, en dirección Portugal. A circulación vaise desviar por un dos carris que van en sentido Vigo.
    Deportes. O Celta perde en Balaídos e desperdicia unha oportunidde para achegarse ós postos europeos
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 17/04/23
    Albíscase unha solución para a folga de médicos. O Sergas convocou os representantes en Galicia do CESM para a tarde do mércores. Os facultativos, que hoxe seguiron en folga, din que non teñen moita esperanza neste encontro e mesmo non saben cal vai ser a axenda desa reunión. E os que empezaron hoxe unha quenda de paros son os funcionarios de xustiza. Tamén son de carácter indefinido e os realizan entre as 10 e a unha pero nesta xornada o seguimento non foi moi alto.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 17/04/23
    Tamén paros parciais dos funcionarios de Xustiza. Reclaman unha suba salarial e unha redefinición das súas funcións. Esta mañá fixeron concentracións diante dos edificios xudiciais. Detidas sete persoas, cinco en Ourense e dúas en Madrid, acusadas de trata e explotación sexual de mulleres. Captábanas baixo engano en Colombia e Venezuela. A actuación policial logrou a liberación de cinco mulleres. Nova xornada de atrasos nos trens do Eixo Atlántico. O primeiro tren Vigo- Coruña saíu 50 minutos tarde por unha avaría. Os viaxeiros denuncian que levan meses sufrindo incendencias deste tipo. A CIG pide a retirada do anteproxecto de lei de Aprendizaxe ao Longo da Vida Adulta. Denuncia que supón da desaparición das clases presenciais o que suporá un rebaixa-la calidade deste ensino e a perda de postos de traballo. Temos tempo de verán... hoxe en comarcas de Ourense xa se poden rebasar os 30 graos.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.