Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 20/04/23
    O secretario xeral de Industria asistirá pola tarde a reunión de segumento do acordo de Alcoa. O encontro celebrarase nesta ocasión en San Cibrao. Analizaranse o avance dos proxectos eólicos pra rebaixar a factura eléctrica da planta. Galicia está lonxe de cumprir co obxectivo de contar en 2030 co 25 por cento da superficie agraria certificada en ecolóxico. Agora aínda non pasamos do 5 por cento a metade da certificada de media en España. Pide prioridade máxima para atallara instalación aquí de laboratorios de fabricación de cocaína. O presidente Fundación galega contra o narcotráfico di que sería un salto cualitativo moi perigoso. A metade das empresas, institucións e autónomos do sector cultural aumentaron a súa facturación o ano pasado. As mellores cifras tenas a música, o cine, o teatro e a danza. Os menores incrementos rexístranse en todo o vencellado ó papel. O tempo... tras unha mañá de nubes fóronse abrindo claros.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 20/04/23
    A Audiencia Provincial da Coruña corrixe ao xulgado Compostelán no sobreseemento da causa da Mina de San Finx. O trubunal estima así os recursos presentados pola confraría de Noia que denunciaba irregularidades na mina e perxuñízos ecolóxicos na zona. Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Silvia Muíña??. - Un incendio na refinería de Repsol na Coruña esta madrugada saldouse cun traballador con feridas leves nunha perna. - . Confirmado. A policía infomra de que o cadáver achado no río Ulla, pertence a Óscar García Lema. O home de Teo desapareccido o 29 de marzo. - . O Sindicato de Policía pide máis control na saúde mental e no manexo de armas dos axentes, pra que non se repita un episodio coma o da morte do axente ferrolán abatido a tiros este martes en Burgos
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 20/04/23
    Nove días tardou a consellaría de Sanidade en sentar co sindicato convocante da folga de médicos e na primeira xuntanza desde o inicio dos paros ambas partes pactaron unha serie de medidas que permitiron a volta á normlidade. Pero mentres os cidadáns víronse afectados pola suspensión de 1.700 operacións e 32 mil consultas.
    Nas últimas horas fomos coñecendo detalles da actuación do policía ferrolá que acabou morto en Burgos nun tiroteo con axentes do corpo e da Garda civil.
    Aínda que aparentemente en Galicia non hai problemas, de momento, coa seca, Arco Iris sinala que hai índices preocupantes
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/04/23
    O rei emérito está xa en Sanxenxo en visita privada. Como xa sucedera hai un ano, o motivo é participar nunhas regatas. A expectación mediática é desta volta superior á dos veciños... O presidente da Xunta salienta precisamente que é bo para Galicia porque se fala en todas partes da nosa terra. Outro suceso do día é o da morte dun policía ferrolán nun tiroteo preto de Burgos. O axente, que estaba suspendido, roubou unha pistola no cuartel coruñés de Lonzas, e logo fuxiu. Estivo implicado nunha operación de tráfico de drogas o pasado mes de marzo. E esta tarde estamos moi pendentes da reunión que desde as cinco ten lugar en Santiago entre o SERGAS e o sindicato convocante da folga de médicos. Prevése que vaia ser longa e dela podería sair unha desconvocatoria ainda que fose temporal.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.