Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 24/04/23
    O final da folga e os acordos alcanzados polo Sergas cos traballadores non poñen fin á conflictivaidade entorno á sanidade pública galega. SOs sanidade pública insiste en reclamar un cambio de modelo e un reforzo na atención primaria. Este mércores convocan ocncentracións en numerosas localidades. Piden ós cidadáns que se alíen cos traballadores pra mellora-lo servizo. A oposición apoia a demanda, e un cambio integral na política do goberno galego.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 24/04/23
    Conmoción en Muros polo parricidio cometido esta fin de semana que acabou coa vida dun home de 59 anos a mans do seu fillo de 19. Hoxe o acusado está previsto que pase a disposición xudicial. - .. O concello das Pontes plántase contra a especulación. Negocia con Endesa unha clausula nos contratos de venda de casas, do poboado das Veigas, coa fin de garantir que as persoas que compran vivendas, sexa pra residir nelas. - . Os traballadores de Hiperxel comezan hoxe unha folga indefinida. Na provincia da Coruña hai 21 tendas das 100 que hai en toda Galicia. - . As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Santiago decidirán este luns en asemblea se van a folga en maio, ante a proposta da empresa de modificar as súas condicións de traballo
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 24/04/23
    Dúas citas hoxe nos xulgados. Este luns cóntase que pase a disposicion xudicial o presunto homicida de Muros; e, en Madrid comeza o xuizo contra os dous acusados da morte do exconselleiro delegado de Barreras.
    A semana comeza cunha folga en Hiperxel e este domingo deixanos unha nova manifestación pra esixir unha planificación no desenvolventmento do sector eólico. Deportes. Tras unha década en segunda división, o Lugo consuma o descenso mataemático á primeira federación. En baloncesto, derrotas de Obradoiro e Breogán
    15 min
  • Crónica de Galicia - 23/04/23
    Boa tarde...un home de 59 anos veciño de Muros, faleceu a pasada madrugada na súa vivienda. Polo de agora a Garda Civil non facilitou máis datos, pero a falta da confirmación do acontecido, algúns veciños cren que se podería tratar dun asasinato cometido polo fillo da víctima debido a unha discusión. O rei emérito, Don Juan Carlos I de Borbón, está a participar co seu barco Bribón na regata que está a ter lugar en Sanxenxo. Trátase da súa segunda visita a España trala súa marcha a Abu Dabi. O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, quixo por en valor a labor do monarca dende a Transición e cre que hai que normalizar a súa visita á localidade. E no tempo da entrevista, a nosa compañeira Alejandra López falará co director artístico do Encontro Mundial de Humorismo. Un festival de humor que comezará o vindeiro venres na cidade da Coruña.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 22/04/23
    Boa tarde...un home de 59 anos veciño de Muros, faleceu a pasada madrugada na súa vivienda. Polo de agora a Garda Civil non facilitou máis datos, pero a falta da confirmación do acontecido, algúns veciños cren que se podería tratar dun asasinato cometido polo fillo da víctima debido a unha discusión. O rei emérito, Don Juan Carlos I de Borbón, está a participar co seu barco Bribón na regata que está a ter lugar en Sanxenxo. Trátase da súa segunda visita a España trala súa marcha a Abu Dabi. O expresidente do Goberno, Mariano Rajoy, quixo por en valor a labor do monarca dende a Transición e cre que hai que normalizar a súa visita á localidade. E no tempo da entrevista, a nosa compañeira Alejandra López falará co director artístico do Encontro Mundial de Humorismo. Un festival de humor que comezará o vindeiro venres na cidade da Coruña. De seguida estas e máis noticias, pero antes conectamos con MeteoGalicia pra coñecer a previsión do tempo pra este sábado 22 de abril.
     
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.