Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 26/04/23
    Conducía a 215 kilómetros por hora por unha autoestrada en dirección Madrid. O presidente da deputación e o PP Ourensán, Manuel Baltar, enfróntase a un xuizo por un delito contra a seguridade vial, e a oposición é unánime: debe dimitir ou ser cesado. Pola gravidade da súa actuación, o mal exemplo que representa pros cidadáns, e polo incumprimento do código ético da súa formación. Cuestionan ademáis o uso do coche oficial cando na súa axenda non constaban actos oficiais na seguinte xornada.
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 26/04/23
    Segundo día de busca do mariñeiro, residente en Arteixo, que desapareceu este martes no mar ao caer mentres faenaba do barco galego Novo Xoel, con base en Camariñas. O suceso ocorreu en Cantabria, a cinco millas do lugar de San vicente de la Barquera. Nuns minutos ampliamos este asunto. Antes repasamos outros titulares da provincia, con Pablo Montero SINTONÍA TITULARES - .. Sen acordo entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e a concesionaria SERVISAR . A empresa segue negándose a retirar a súa proposta de cambio de condicións laborais. E as traballadoras ameazan con ir á folga pra primeiros de maio se a empresa non muda a sua postura. - . A CNT demanda ao concello de Muros por douscentos mil euros porque di que
    é a débeda acumulada polas horas extraordinarias do servizo de emerxencias do concello nos tres anos anteriores ao 2023. - . Comisións obreiras asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 20 mil persoas. Entre outras cousas supón un aumento de salario do 11, 5 por cento e a incorporación do sector moble.
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/04/23
    O presidente da Xunta atribúe ó interés por desgastar ó seu goberno as mobilizacions convocadas pola plataforma Sos Sanidade pública, como as concentracións previstas para hoxe. Alfonso Rueda, nunha entrevista en Radio Nacional, defende a xestión da consellaría e pon como exemplo os últimos acordos adoptdos na mesa sectorial. E, un nome propio, Manuel Baltar. O presidente da Deputación de Ourense foi cazado por un radar cando circulaba a 215 quilómetros por hora na provincia de Zamora en dirección a Madrid. Baltar conducía un coche do parque móvil da institución. Superaba en 95 quilómetros a velocidade máxima permitida na autovía
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 25/04/23
    A vista posta hoxe no mar. E por distintos motivos. Por un lado, a reunión telemática entre os científicos da Unión Europea e o sector pesqueiro, para analizar o informe do Consello Internacional que pretende ampliar o número de zonas vedadas á pesca de fondo. Parece que en setembro Bruxelas xa podería dar o coñecer o informe de impacto socioeconómico. Por outro lado, continúa sen avances a busca do mariñeiro do Novo Xoel desaparecido en augas de Cantabria. O pesqueiro ten base en Camariñas.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.