Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Reportaxe o Picasso da Coruña - 29/04/23
    Reportaxe sobre os primeiros anos de Picasso na Coruña e a influencia desta cidade na súa vida e obra, co gallo da celebración Picasso 1973-2023 no cincuenta aniversario do falecemento do artista. Unha reportaxe de Alejandra López Prieto e Xaquín Martínez Maceiras.
    16 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 28/04/23
    A un mes das eleccións municipais, Pedro Sánchez visita Galicia. Esta tarde está na Coruña, pra apoiar á candidata socialista, a alcaldesa Inés Rey. Mentres, en Ourense, o presidente da Deputación asegura que non dimitirá, malia ao xuízo rápido ó que terá que enfrontarse nos próximos días por exceso de velocidade. Por outra banda, prisión pra catro dos detidos na operación CARPLAYA contra o narcotráfico. E da Economía, Hiperxel, que entra en concurso voluntario de acredores
    10 min
  • Crónica de Galicia - 28/04/23
    O PP rexeitou hoxe na deputación de Ourense unha moción pro debate urxente no pleno sobre a acusación ó seu presidente por un delito contra a seguridade vial. Manuel Baltar non quixo pronunciarse sobre a polémica, mentres a oposición sacaba á luz que este non foi un despiste illado, porque o vehículo oficial do presidente suma varias sancións por exceso de velocidade. Piden explicacións, e o BNG levará ó parlamento galego a reprobación do presidente da deputación ourensá, metnres o presidente da Xunta e dos populares sinala que non lle abrirán expediente, como prevén os seus estatutos cando un cargo comete un delito doloso - En Galicia, o sector do metal pechou 2022 cun incremento do 15 por cento da facturación. O presidente, Enrique Mallon, di que aínda puido ser mellor se non fose pola falta de traballadores cualificados. - Dez detidos e a incautación de 220 quilos de cocaína. E ó resume da operación contra o narcotráfico desta semana en Pontevedra. Boa parte da droga estaba nun zulo nunha finca agrícola. - Cada vez falta menos para que falemos en galego coas máquinas. Seguen os avances do Proxecto Nós que ten como obxectivo consolidar e asegurar a presenza do idioma galego no ámbito da Intelixencia Artificial. - Kepa Junkera regresa este fin de semana a Fisterra, escenario do seu último concerto. Asiste á presentación en Fisterra de "Renacer". Un libro-documental no que participan máis de 40 artistas e que percorrerá toda a súa traxectoria musical
    45 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 28/04/23
    A casa Cornide, situada na zona vella da cidade da Coruña, deberá abrir as suas portas catro dias o mes tras ser declarada, este xoves no consello da Xunta, Ben de Interese Cultural. O inmoble pasou a mans privadas dos Franco hai sesenta anos tras ser adquirida nunha subasta moi cuestionada polos historiadores.
    16 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.