Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 06/04/23
    Os que padecen ela poden pedir desde hoxe as axudas aprobadas pola Xunta.
    Son ata 12 mil euros para custear gastos como alimentación, fisioterapia ou adaptación do fogar. Axudas para os mariscadores de Arousa pra paliar as perdas económicas pola veda temporal. Os afectados ven a medida que moitos ven coma un parche e non coma unha solución a largo plazo. En Lugo, diversos colectivos alertan do impacto que terá a construcción da chamada "ronda leste". Cren que será unha infrastructura moi custosa e innecesaria. Xa iniciaron unha recollida de sinaturas contra este proxecto. A máxima expresión do feismo arquitectónico que supón a torre do concello de Vigo pode quedar subsanada nun par de anos. O goberno local vai convocar un concurso de ideas para reformar e rehabilitar o consistorio. O tempo vai continuar seco e solleiro e as temperaturas van ir subindo.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 06/04/23
    Nova acción contra o tráfico de drga en Pontevedra. Neste caso heroina de gran pureza. A policía incautouse de case 25 quilos. Os detidos xa están en prisión.
    Novo vertido, neste caso de purín entre Frades e Mesía, cando aínda se fai un seguemento do que ocasionou a rotura da balsa dunha canteira na mesma zona.
    Nun xoves festivo inicio dunha longa ponte que no meteorolóxico invita a disfrutar duns días case de verán.
    O tempo vai continuar seco e solleiro e as temperaturas van ir subindo. Estes días pasarán dos 20 graos en boa parte de Galicia.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 05/04/23
    As forzas de seguridade suman en Galicia outro golpe ó narcotráfico. Nesta ocasión, a sustancia atopada era heroína. Ata 25 kilos descubertos trala intervención dun vehículo cun dobre fondo e o rexistro dun garaxe. Hai dous detidos, que foron enviados a prisión... Unha vez cortada, a droga podería ter un valor no mercado de millón e medio de euros - Sanidade pretende evitar a folga convocada polo sindicato médico CESM a partir do vindiero martes. O SERGAS citou a unha reunión ós dirixentes sindicais para tentar lograr un acordo. - As asociacións de defensa da sanidade pública desconvían dos datos da lista de espera da Xunta. Galicia é oficialmente a terceira comunidade cos tempos de agarda máis reducidos. - Os ecoloxistas pídenlle á Xunta que esixa responsabilidades pola rotura dunha balsa mineira en Frades. - Os técnicos aseguran que a auga vertida ó Tambre, do que se fornecen varios concellos, non ten elemenos tóxicos. - Novo paro de dúas horas na fábrica de LARSA en Outeiro de Rei. Comezou á unha para demandar que os salarios cubran o poder adquisitivo perdido coa inflación
    26 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 05/04/23
    Tranquilidade nos doce concellos afectados pola rotura dunha balsa de áridos nunha canteira de Frades. Despois de que chegase ó río Tambre, Augas de Galicia pediu extrema-los controis para asegurar a calidade dos sistemas de abastecemento.
    De momento, polas inspeccións realizadas, non parece que haxa carga contaminante. - O BNG da Coruña levará ó pleno do martes o caso do STL, investigado por presunta corrupción. Pide máis dilixencia ao goberno local pra averiguar se a concesionaria de limpeza delegou as contratacións en empresas relacionadas co sindicato. - O PP de Santiago insiste en investigar xudicialmente ata as últimas consecuencias o caso Pichel. O goberno socialista de Sánchez Bugallo acúsao de facer electoralismo. - Entra en fase de información pública o proxecto pra fábrica de neumáticos Sentury nas Pontes. Hai un mes pra presentar alegacións ó estudo de impacto ambiental
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 05/04/23
    A proximidade da semana santa activou o emprego, pero non só porque o descenso do paro en marzo afectou a tódo-los sectores económicos. Paro que, no sector dependente do mar, os autónomos din que os aboca o regulamento da Xunta que limita as zonas de extracción de mexilla.
    ás tres da tarde empeza a campaña de trafico de semana santa. Na presencción, o director xeral confirmou que só dous dos accidentados en Xove o sábado tiña posto o cinto de seguridade
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.