Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 04/04/23
    Continúa a disputa entre percebeiros e mexilloeiros polo espazos productivos da costa. Profesionais Autónomos consideran que a falta da mexilla pode supor unha catástrofe económica; as confrarías pensa que o sector está sobremidensionado. BNG e PSOE queren que a conselleira Ethel Vázquez explique no Parlamento as presuntas irregularidades no reparto de rutas de transporte por estrada. Para ás forzas de esquerda, é moi grave que a xustiza ordenara sancionar a dúas empresas que aparentemente pactaron entre elas cando concorreron ó plan de Transporte da Xunta. Enagás presentou en Guitiriz o proxecto pra incorporar a Galicia ó Corredor atlántico do hidróxeno verde. Unha conexión con Zamora que agardan que a Unión Europea incorpore este ano á rede de proxectos de interese común. Medalla do Parlamento á cooperación Galicia-norte de Portugal. Unha alianza que botou a andar hai 30 anos. Unha das primeiras comunidades transfronteirizas que empezou a traballar na Unión europea. O tempo. Xornada solleira e con temperaturas máis altas.
    26 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 04/04/23
    O bipartito de Narón rompe a dous meses das eleccións. Os tres edís socialistas que ostentaban competencias no goberno local de Terra Galega deixan os seus cargos. Din que o fan a instancias da dirección do partido. Pero a executiva nega que se trate dunha imposición. - O Partido Popular de Santiago presenta denuncia xudicial contra os concelleiros socialistas que autorizaron o aluguer duha nave á empresa Desproi. Por este caso dimitiu o edil de Medio Rural, José Manuel Pichel. - A CIG anuncia que se persoará na causa pola presunta trama de corrupción do sindicato de traballadores da limpeza na Coruña. Hai catro persoas investigadas. - Novo encargo para Navantia Fene. Construirá para Iberdrola 45 novos produtos para un parque eólico mariño no Reino Unido
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 04/04/23
    José Ramón Gómez Besteiro sinala que vén á Delegación do goberno para facer política e defender a xustiza social. No acto de toma de posesión, tendeu a man á Xunta.
    Moitos movementos no ámbito local no día no que o Boletín oficial do Estado publica a convocatoria das eleccións municipais. En Narón, os edis socialistas abandonan o goberno local por orde da dirección galega; a candidata do PP en Lugo ficha a un antigo edil da súa rival Lara Méndez, e o PP leva ó xulgado ós concelleiros de Santiago que aprobaron o aluguer dun local cunha empresa vinculada ó anterior edil de medio rural
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.