Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 17/03/23
    A estación itnermodal de Lugo xa está enb marcha, Hoxe asinouse o convenio que permitirá iniciar de inmediato as licitacións por parte do ministerio de da Xunta de Galicia. Obras por valor de máis de 50 millóns de euros que modernizarán e interconectarán o transporte ferroviario e por estrada. E tamén dous barrios da cidade, o que mellorará a trama urbana de Lugo.
    Tamén avanzan as comunicacións por estrada... Dende hoxe trabállase na derruba do segundo viaducto da A6, en dirección á Coruña.
    46 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 17/03/23
    O reto demográfico, especialmente no rural polo avellentamento da poboación, é este venres protagonista. Tema central do encontro bilateral entre os gobernos galego e asturiano que comezará ás dez e media en Taramundi. Reunión á que asiste Alfonso Rueda e na que outro asunto, o corredor atlántico ferroviario de mercadorías, estará tamén moi presente. Todo nunha xornada na que as familias galegas xa poden solicitar praza nas escolas infantís públicas dependentes da Administración autonómica. E segue a polémica parlamentaria pola elección de Manuel López-Pardo como xerente da patronal de hospitais privados. É irmán da actual xerente do Sergas, Estrella López-Pardo. Na oposición falan de conflito de intereses, Sanidade négao. E precaución na liña de costa, aviso amarelo en todo o litoral por fenómenos costeiros.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 16/03/23
    Non convenceron as explicacións da xerente do Sergas sobre o posible conflito de intereses porque seu irmán é un alto directivo da patronal de hospitais privados en Galicia... Estrella López asegurou no Parlamento que non hai tal conflito e que de feito era requisito para o seu nomeamento. A oposición garda dúbidas e pide información dos acordos do Sergas co sector privado. E tamén en Santiago, as reinvidicacións dos doentes e familiares de enfermidades pouco comúns tiveron hoxe, día mundial das Enfermidades raras, eco na voz da raíña Letizia.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 16/03/23
    A Xerente do Sergas nega conflicto de intereses en que o seu irmán xerencie a patronal dos hospitais privados. Defende que el non ten poder executivo, e que ela non ten relación algunha coa sanidade privada. Pero non convence á oposición. Os nacionalistas piden luz e taquígrafos pra tódolos seus contactos coa privada, que ten nas derivacións do Sergas a orixe da metade da súa facturación. Os socialistas recoñecen que a situación da xerente é legal, pero non estética, como proba que non a comunicara ata que o fixeron público os medios.
    46 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.