Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 14/03/23
    A aparición dun novo semisumerxible lembranos que varían os métodos pero que as redes de narcotráfico seguen activas. Hoxe en Vilaxoan continuará os traballos para reflotar ó artefacto de fabricación artesanal ó que só se lle ve parte da proa. Sospeitase que participou no transporte de droga desde sudamérica.
    Fronte común das comunidades do cantábrico para unha mellor conexión co Europa. E, na loita contra ENCE, o concello de Pontevedra presenta un incidente de nulidade contra a sentenza do Supremo que autoriza a prórroga da pasteira en Lourizán
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/03/23
    Galicia alíase con Asturias, Cantabria e Euskadi para constituír unha "macrorrexión" que defenda o corredor ferroviario para conectar a zona con Europa. Nunha xuntanza celebrada en Vitoria, Alfonso Rueda, defendeu un trazado paralelo ao cantábrico tamén para un gasoducto de hidróxeno. E aquí, na ría de Arousa, especialistas subacuáticos da Guarda Civil estiveron toda a tarde a inspeccionar un semi-submerxible atopado a unha milla do porto de Vilaxoán e que podería estar relacionado co narcotráfico.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 13/03/23
    O Goberno publicou hoxe a licitación do contrato pra localización e inspección do Villa de Pitanxo en Terranova. O concurso resolverase o vindeiro 29 de marzo e terá un coste duns 3 millóns de euros. Volve pospoñerse o peche do xuizo polo triplo crime de Valga. Finalmente será mañá cando se entregue ó xurado ó obxecto do veredicto, é dicir, as instrucións pra súa deliberación. Os traballadores do grupo Gano-magoga comezaron hoxe, cunha concentracón ante o concello de Ponteareas, unha semana de mobilizacións. Protestan contra o expediente de extinción de emprego pra os seus 200 traballadores. As negociacións dos despedimentos comezarán o xoves. En Ourense, cinco familias desaloxadas ó carón do colexio Cardenal Cisneros aínda non poideron volver as úas casas. Están á espera dun informe que confirme a estabilidade do inmoble despois da caída dun muro de contención. O tempo. Aviso laranxa no mar. En terra, as precipitacións van ser cada vez máis illadas.
    46 min
  • Informativo A Coruña 8:45 - 13/03/23
    Protesta en Betanzos contra a contaminación da empresa madeireira de taboleiros Betanzos HB. O movemento 'Infesta non se contamina' denunciou polas rúas do concello a actual situación de contaminación de cinzas e queima de lodos concentrados, así como fuel, produtos plásticos e químicos sen un proxecto de tratamento sostible dos residuos. Todo con danos a cultivos e filtracións a acuíferos. 1. Chamamento á cidadanía de Noia e comarca para crear unha plataforma de afectados pola autorización de vertidos da mina de San Finx 2. O concello de Santiago aprobará hoxe o proxecto de reurbanización da rúa García Lorca cun prazo de execución de dous anos 3. Acordo en Corcubión vinte anos despois para construír un porto mixo aínda que o concello lamenta a falta de orzamento 4. O Deportivo empata a un fronte ó Real Madrid Castilla en Riazor
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.