Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 13/03/23
    As comunidades do Cantábrico, incluída Galicia, reúnense en Vitoria. Unha cita convocada polo presidente vasco para abordar demandas que llles son comúns: as conexións ferroviarias ou transición enerxética.
    Este domingo, non sen dificultades, quedou amarrado no porto de Vigo o petroleiro que tivo unha avaría fronte a costa galega. E hoxe rematará en Pontevedra o xuizo polo triplo crime de Valga. Deportes. O celta xa está máis cerca dos postos europeos que do descenso tra-la vixésimo quinta xornada. En baloncesto, gañaron Breogan e Obradoiro, os dous fóra.
    O tempo. Hoxe o peor está no mar con aviso amarelo por vento e ondas de tata 7 metros.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 12/03/23
    Aumentan as agresións ó persoal sanitario. A tensión nos centros de saúde medra pola falta de persoal e o incremento das agardas. Unha situación que empeorou tra-la pandemia e que distintas organizacións sindicais denuncian neste Día Europeo contra ás Agresións ós Sanitarios. É un dos argumentos informativos deste día no que tamén estaremos en Betanzos, onde a plataforma "Infesta Non Se Contamina" convocou unha marcha para denunciar a contaminación que está a provocar unha empresa de madeira na zona. Recolleremos ademais a nova cultural das últimas horas, co "Corpo aberto", de Ángeles Huerta, como a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo. Na entrevista, hoxe falamos co presidente das confrarías galegas, con José Antonio Pérez Sieira
    31 min
  • Crónica de Galicia - 11/03/23
    Clamor na Coruña contra o Plan de Eólica Mariña proxectado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. Pescadores e ecoloxistas uniron as súas voces nunha mobilización que reuniu fronte á Delegación do Goberno a máis dun milleiro de persoas.
    O delegado, José Miñones, defendeu dende Santiago a eólica mariña coma unha oportunidade pra Galicia e reiterou a vontade de diálogo por parte do Ministerio. Polo demais, un sábado de claro ambiente pre-electoral, co comité galego do PSdeG en Santiago e novas presentacións de candidatos ás alcaldías no Partido Popular. Xa no tempo da entrevista hoxe falamos con Iván Ferreiro, que ten novo disco
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 10/03/23
    Os partidos comezan a quentar motores de cara as eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio...Hoxe soubemos que o lider dos socialistas Valentin Gonzalez Formoso, volverá competir pola alcaldia de As Pontes, posto que xa rexenta dende o ano 2007. Iso sí, non desvelou si optará as primarias como candidato socialista á presidencia da Xunta
    10 min
  • Crónica de Galicia - 10/03/23
    Seguen os preparativos dos partidos políticos pras vindeiras eleccións municipais. Hoxe o secretario xeral dos socialistas galegos presentou a súa candidatura á alcaldía das Pontes. Pero non aclara, malia as insistentes preguntas dos xornalistas, qué sucederá cando se convoquen as elecóns autonómicas. Nalgunha ocasión apuntara que chegado o momento apoiaría a José Ramón Gómez Besteiro se o lucense dera este paso.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.