Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 01/03/23
    Tras semanas de queixas dos hostaleiros, comeza entre críticas a recollida de residuos ás portas dos bares e restaurantes do casco histórico de Compostela. Tanto os empresarios coma os traballadores da limpeza cren que vai traer máis problemas que solucións: advirten do deterioro duns camións que non están preparados e do impacto negativo que terá noutras zonas da capital, que notarán un empeoramento na recollida do lixo. 1  O alcalde de Santiago xustifica no pleno a súa xestión ante a crítica unánime da oposición que o acusa de inacción 2. Presentado en Miño o proxecto pra recuperar o espazo dunar da praia Grande que retirará árbores invasores e creará unha senda 3. Marea Atlántica denuncia a eliminación de zonas verdes, dunha lagoa e un aparcamento no proxecto da cidade das TIC 4. Unión de Carballo, Brión e Arteixo pra impulsar o turismo termal e recuperar espazos en desuso
    16 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 01/03/23
    O sector pesqueiro avisa..non permitirá que a eólica mariña limite máis a súa actividade. Lamenta que non se contara con eles para delimitar os poligonos nos que se van poder instalar os muiños... Galicia é a rexión marítima máis afectada.
    No ámbito enerxético destaca tamén o acordo entre duas firmas rivais. Enagás merca a rede de gaseoductos a Regosa... E, segue sen resolverse o problema orixinado pola falta de mexilla... Os bateeiros din que está en perigo a campaña do vindediro ano
    15 min
  • Crónica de Galicia - 28/02/23
    O Consello de Ministros aprobou hoxe o primeiro dos plans de ordenación do espazo marítimo en España. Identifica as zonas aptas para ubicar parques eólicos no litoral do país. Un texto do que están pendentes dende o sector eólico e pesqueiro... Só en Galicia, o plan contempla cinco zonas aptas pra instalación de eólica mariña.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 28/02/23
    Despois de meses de espera, o consello de ministros aproba hoxe o anteproxecto do Plan de Ordenación de espazos marítimos. Un texto que delimitará as zonas que se consideran axeitadas pra instalar parques de enerxía eólica mariña, dos que xa coñecemos ata 8 proxectos nas costas galegas. O sector pesqueiro presentou alegacións ós primeiros borradores, e opoñerase a que os parques previstos poidan instalarse en zonas onde se pesca.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.