Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 27/02/23
    Tras tres meses presa en Irán, Ana Beneira foi liberada e hoxe está previsto que estea de volta na Coruña. A familia demanda espacio e intimidade para a atender a chegada da moza.
    E, este luns, a atención está tamén na audiencia provincial de Lugo... coa constitución dun novo xurado... vaise repetir o xuizo a Ana Sandamil.. a condena a prisión permanente revisable foi anulada ó non estar ben argumentado o veredicto.
    Deportes... cara e cruz.. triunfo do Celta e derrota do Lugo, que xa queda a 11 puntos dos postos que evitan o descenso de categoría Pero do que máis se fala esta mañá e do frío...
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 26/02/23
    O domingo déixanos unha feliz noticia: a liberación da activista coruñesa de 24 anos Ana Baneira. Estivo case catro meses na cadea en Irán por levar mal colocado o velo islámico. Voa nestes momentos cara a España e a súa familia agarda a chegada a Galicia a última hora do día. Neste tempo informativo falaremos tamén da exclusión dixital das persoas de máis idade. Xa empeza a haber movimentos como o do concello de Ames que elimina a cita previa para as xestións e basta con acodir ás oficinas para facelas presencialmente. No tempo da entrevista o convidadado é Borja san Ramón, secretario xeral de Podemos Galicia.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 25/02/23
    A precampaña electoral vai collendo pulo ante a proximidade dos comicios municiapis do 28 de maio. En Santiago o PP celebrou un acto que acaba de rematar para presentar aos 313 candidatos que pechou Alberto Núñez Feijoo. O ministro do Interior estivo esta mañá na Estrada para avaliar ao aspirante socialista. E o BNG fixo o propio no Porriño onde Ana Pontón amadriñou ao seu candidato.
    En Ferrol houbo unha homenaxe a Rafael Pillado, o sindicalista e activista morto este luns por asbestose.
    E unha boa parte deste informativo dedicarémola a profundizar na figura e na obra de Martín Códax. Tamén a neve afecta arestora a algunhas vías de circulación ainda que non hai ningunha estrada cortada. Da rede principal hai que circular con preacaución na A-8 no Alto do Fiouco, na A-6 ao seu paso polas Nogais. As restriccións na A-52 nos concellos de Riós e Allariz que estiveron activas toda a mañá xa están levantadas.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 24/02/23
    Hoxe fai un ano dende que comezou o conflito armado entre Ucraína e Rusia. Dende hai uns minutos a comunidade Ucraína en Coruña manifestase polas rúas pra pedir a fin da guerra. O avogado das familias dos falecidos no Vila de Pitanxo considera que o informe preliminar da CIAIM respalda que o motor do buque estaba en marcha durante o afundimento, tal e como decalrou o seu defendido e supervivente do naufraxio, Samuel Kwesi.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 24/02/23
    Corrupción entre particulares, estafa e blanqueamento de capitais. Son os delictos dos que a titular do xulgado de instrución número 6 da Coruña acusa ós catro detidos relacionados co Sindicato dos Traballadores da Limpeza. Un sindicato que controla o comité de empresa do servizo concedido. De feito, o presidente do comité é un dos detidos que están a declarar ante a xuiza. En Ourense non se sorprenden da investigación. Hai anos denunciaron irregularidades na contratación dos traballadores do servizo, da man do mesmo sindicato, e agora piden que se reabra a investigación.
    46 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.