Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 22/02/23
    A Xunta de Galicia consitera un despropósito a decisión da Comisión Europea de vetar de novo a pesca de arratre noutro 20% dos fondos mariños no vineiro ano. Piden adoptar medidas lexislativas antes de que Europa aprobe esta medida. A coñecida como enfermidade da lingua azul regresa a GAlicia tras 14 anos sen casos. Hai catro focos detectados en bovinos, en explotacións de Ourense e do sur de Lugo.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 22/02/23
    Alerta pola aparición de catro focos do virus da lingua azul en Ourense.
    É unha enfermidade vírica que non se transmite as persoas pero que sí obriga a iniciar unha campaña especial de vacinación e desinfección das explotacións. A antiga factoría de Siemens Gamesa recuperará a actividade en medio ano da man do grupo Amper. Parte dos antigos traballadores poderían volver, agora pra fabricar compoñentes para a eólica mariña. Sen cambios nos prazos estimados polo goberno para a posta en servizo dun dos viais da A-6 en Pedrafita. O delegado do goberno di que a previsión é que a finais de ano estea operativo un viaducto que inicialmente se empregará nas dúas direccións. No Parlamento, a oposición sinala que os recortes da Xunta son os culpables da crise na atención primaria. Rueda negou a acusación e dixo que o SERGAS dispón agora de 1.300 millons máis que en 2009. O tempo. Conforme avance a tarde van ir baixando as temperatruras e de noite a cota de neve caerá ata os 500 metros.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 22/02/23
    Pode ser o golpe final para ducias de barcos. O sector, que aínda estaba facendo reconto das perdas que lle supuxo a veda en case un cento de áreas mariñas, ve agora como o obxectivo de protección da Unión Europea vai máis aló: quere que os estados membros fixen unha serie de áreas protexidas ata limitar a pesca de arrastre nun 30 por cento das augas da súa competencia.
    Ás dez reanúdase o pleno do Parlamento coa sesión de control na que a oposición preguntará a Rueda pola situación da Sanidade. Este martes o Partido Popular non aceptou que unha comisión parlamentari investigue coo se están tramitando os proxectos eólicos
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 21/02/23
    Boa tarde, indignación no sector pesqueiro. O motivo: que a Comisión Europea insta ós Estados membros a prohibi-la pesca de arrastre no 20% das augas mariñas de cada país pra o ano 2024. Por outra banda, o Partido Popular rexeita a proposta do BNG de crear no Parlamento unha comisión que investigue a xestión da Xunta na tramitación dos parques eólicos.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.