Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 21/02/23
    O PP rexeita a creación dunha comisión que investigue a xestión da Xunta na tramitación dos parques eólicos. Unha iniciativa que defendeu o BNG esta mañá ó comezo do pleno ó entender que o proceso é pouco transparente. A mortadade dos moluscos en Arousa tamén ten impacto na actividade da Lonxa na Illa. Os 9 traballadores están en ERTE. Como en Noia, a confraría estuda pedir á Xunta un cese de actividade e axudas para rexenerar os bancos de marisqueo. Os usuarios do tren entre Ribadeo e Ferrol trasladan ó ministerio de Transportes as queixas polo mal funcionamento. Aseguran que os retrasos son habituais, denuncian abandono dos apeadoiros e falta de interventores e persoal. Os rexistros civís da Coruña e Vigo estrean mañá un novo sistema informático. Os funcionarios que o van operar denuncian que tiveron unha formación insuficiente para a súa utilización. O tempo. Máis inestabiliade e chuvascos pola tarde.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 21/02/23
    O desenvolvemento do sector eólico será obxecto de debate esta mañá no Parlamento. Primeiro a Cámara debe produnciarse sobre a cración dunha comisión que investigue o proceso de tramitación que o BNG considera pouco transparente. Tamén está prevista a comparecencia do conselleiro Francisco Conde.
    O nome propio de hoxe é o de Francisco Pillado.... faleceu este luns víctima do Amianto. Ata o último día mantivo a loita xudicial contra Navantia pola exposición de centos de traballadores a este mineral canceríxeno. O tempo.
    Hoxe predominará a inestabilidade atmosférica, polo que agardamos unha xornada de ceos nubrados con chuvascos máis probables na segunda metade do día.
     
    16 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/02/23
    Adiada ata o mércores a reunión dos cerqueiros galegos coa consellería do Mar prevista pra hoxe para coordinar os fondos que percibirán os buques e os mariñeiros que se acollan á parada voluntaria do xurelo. E a Consellería de Pesca mantivo unha reunión este luns coa organización de produtores de pesca de Burela e uns expertos en dereito comunitario pra fortalecer tecnicamente os argumentos de defensa da frota galega ante o veto á pesca de fondo en augas europeas.  
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.