Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 30/01/23
    A sanidade galega non deixa atrás a conflictividade. De feito, nos vindeiros días os médicos podería adoptar novas medidas de presión pola sobrecarga laboral. O sindicato Omega tamén demanda a estensión a todolos facultativos do complemento específico de exclusividade, que agora teñen os que non compatibilizan o seu traballo coa sanidade privada.
    Esta tarde terá lugar a primeira dunha serie de reunións e asembleas pra analizar as situación e as peticións que dirixen á administración do Sergas.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/01/23
     Nova mobilización contra os parques eólicos: a deste domingo foi en Carral. Os convocantes lamentaron que a Xunta e o Goberno central actúen como meras xestorías de negocio do oligopolio enerxético.
    O comité de empresa de alcoa informará hoxe ós traballadores da fábrica de San Cibrao dos detalles da proposta da multinacional que retrasa o rearanque as cubas. Esta semana decidirán en referendum se a aproban. E veremos a repercusión da folga convocada polos traballadores das torres de control privatizadas, en Galicia, as dos aeroportos de Vigo e a Coruña
    Deportes. O Celta sumou tres puntos claves que lle permiten sair do descenso. Comezou o partido de antipenúltimo. En cambio, o Lugo ten a cinco puntos a salvación tras perder en Albacete.
    O tempo. Continuamos na influencia das altas presións. Van seguir os ceos despexados e as temperaturas máximas an subir algo pero as mínimas seguen moi baixas. Gran parte de Galicia amence branca pola xeada...
    15 min
  • Crónica de Galicia - 29/01/23
    Esta semana coñecíamos o anuncio da Xunta sobre a resolución de 120 expedientes de proxectos eólicos. Deles, lembramos, 77 saíron favorables e 43 desfavorables. Precisamente dos que obtiveron unha declaración de impacto ambiental favorable hai unha vintena que están en reservas da biosfera de forma parcial ou integramente. Algo que dende as plataformas ecoloxistas e veciñais califican de devastador pros nosos montes.
    .
    Neste eido, os veciños de Carral foron os primeiros en protestar, esta mañá, contra esta resolución. E no tempo da entrevista, falaremos coa líder do partido nacionalista, Ana Pontón quen tamén por certo alude a estos proxectos eólicos entroutros temas.
    31 min
  • Crónica de Galicia - 28/01/23
    A sanidade é hoxe a protagonista da xornada. Este mediodía os profesionais sanitarios volveron saír á rúa en Compostela pra demandar máis persoal en atención primaria e unha mellor xestión por parte da Xunta. Tamén sábado marcado por un ambiente preelectoral. A catro meses pras municipais, Os principais partidos están xa centrados na presentación dos seus candidatos.
    No tempo da entrevista, falaremos co director do Centro Dramático Galego, pra coñecer a súa programación pra este 2023.
     
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.