Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 27/01/23
    As oito da tarde os veciños de Pontevedra están convocados a unha nova concentración pra demandar máis mádicos en atención primaria na área sanitaria. Desta banda é a Federación de Asociacións de Veciños "Castelao" a quen chama a manifestarse. En Santiago rematou o cumio a favor do corredor ferroviario do Noroeste. Os presidentes autonómicos de Galicia, Asturias e Castela e León firmaron unha declaración institucional pra pedir ó goberno impulsar esta infraestrutura por riba de cores políticas.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 27/01/23
    Declaración institucional para reclamar avances na construción do corredor atlántico noroeste. Galicia, Asturias e Castela e León fan fronte común en defensa da infraestrutura ferroviaria para o transporte de mercadorías e recordan que é o momento axeitado xa que se pode contar con fondos europeos. Presentes os tres presidentes autonómicos no cumio que se celebra en Compostela, tamén se reivindicaron melloras nas liñas internas ferroviarias e moi destacado o papel dos portos: desde a autoridade portuaria coruñesa lembran que o 50 por cento das mercadorías teñen saída ou chegada por mar pero móvense por tren menos do 4 por cento.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 27/01/23
    Tras tres horas de reunión do conselleiro de Sanidade cos alcaldes da área de Pontevedra non cambio nada na percepción que uns e outros teñen da situación da atención primaria. O representantes do PSOE e do BNG sairon decepcionados... os do PP recoñecen carencias pero tamén o labor da consellaría.
    E este venres cita en Santiago en defenda do corredor ferroviario atántico: os presidentes de Galicia, Asturias e Castela e León teñen previsto asinar unha declaracion conxunta. O tempo. xornada de transición cara á recuperación da influencia anticiclónica. Aínda se vai producir algún chuvasco no terzo norte. Ademais a conta de neve continúa nos 800. As que non varían son as temperaturas.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 26/01/23
    O paro reduciuse en 3.700 persoas o ano pasado en Galicia. Unha caída de algo menos de tres puntos, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa publicados hoxe. O desemprego reduciuse unha décima máis que a media española. E na cidade do Lérez xuntanza esta tarde entre o conselleiro de Sanidade e os alcaldes dos dos concellos da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés pra tratar a situación da sanidade pública.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.