Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 23/01/23
    Restablécese o tráfico por un carril na nacional 642. Durante a fin de semana, pasar de Foz a Burela obrigaba a dar un rodeo de máis dunha hora. É probable que hoxe haxa atascos na zona... un semáforo vai regular o paso alternativo das dúas direccións. Empezamos a semana cos ecos da protesta en Vigo contra a implantación de novos parques eólicos e escoitaremos o presidente da Deputación de Lugo: José Tomé pídelle a Elena Candia que asuma responsabilidde polas súas acusacións infundadas contra Gómez Besteiro. Deportes. En baloncesto, non haberá equipos galegos na Copa: o Breogán perdeu; para o Obradoiro o triunfo foi insufiente. En fútbol, nova derrota do Lugo que está a catro puntos da salvación
    15 min
  • Crónica de Galicia - 23/01/22
    Remata a esta hora a manifestación contra os parques eólicos que dende este mediodía percorreu as rúas de Vigo. Congregou a case un cento de colectivos de toda Galicia. Por outra banda, seguimos pendentes do corte da Nacional 642, entre Burela e Foz. Nas próximas horas podería haber novidades, unha vez que os técnicos avalíen o estado do firme e da drenaxe. De momento continúan habilitados os desvíos provisionais polas estradas locais e un paso especial para as ambulancias. Cortes tamén no tráfico ferroviario, ante o risco de desprendementos na zona.
    E malia que xa non hai chuvias, hoxe aínda son catro os ríos en risco de desbordamento. Son o Miño, na Peroxa e Salvaterra; o Mero e o Mendo, en Betanzos; e o Tambre, en Oroso. En portada, damos conta tamén dunha colisión múltiple entre seis vehículos que deixou tres feridos esta mañá no concello lucense de Castroverde
    31 min
  • Crónica de Galicia - 23/01/21
    A Mariña de Lugo dividida en dous. A estrada Nacional 642 está cortada dende a pasada noite á altura da praia de Areoura, entre Burela e Foz, debido á auga acumulada polas últimas chuvias. Os alcaldes xa amosan a súa preocupación porque o corte pode durar varios días e porque non hai alternativas que garantan unha circulación en condicións nin do tráfico pesado nin, sobre todo, das urxencias sanitarias. Onde mellora a situación é nos ríos. Agora mesmo só presentan risco de inundación o Miño nos Peares, Lugo, Ourense e Salvaterra; o Mendo en Betanzos, e o Tambre en Oroso. Polo demais, probas MIR e outras especialidades sanitarias a partir desta tarde en Santiago e Vigo, e amplíanse os horarios de vacinación para a cuarta dose contra a covid
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 20/01/23
    Trala neve das pasadas xornadas, comeza o desxeo e a crecida dos ríos.
    Hoxe a situación estivo complicada na provincia de Ourense, sobre todo, porque a chuvia e a suba de temperatura fixo que a neve se desfixera moi rápido. Malia todo, os ríos da conca hidrográfica MIño - Sil xa están en descenso tras acadar o seu máximo
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.