Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 20/01/23
    Primeiro a choiva e a neve, e agora os anegamentos. Máis de dez ríos teñen activo o plan especial por risco de inundación: hai risco alto no Miño ó seu paso pola Peroxa aínda que non hai perigo para as vivendas. Tamén vai por encima do seu caudal o Arnoia en Baños de Molgas e o Támega, que obrigou a cortar unha das estradas que une Monterrei e Verín. Hai algunhas vivendas incomunicadas, aínda que son segundas residencias e non tiñan xente nese momento. Outros dos ríos en situación de alerta son o Ladra, en Begonte, o Sil, no Barco; o Ouro, en Foz; o Mendo, en Betanzos; ou o Xallas, en Santa Comba, entroutros - Queixas en Verín pola falta de pediatras case tres anos depois da gran protesta contra o peche do paridoiro do Hospital comarcal. Hoxe en Verín os veciños entregaron no concello algo máis de 3.400 sinaturas pra demandar a contratación de máis pediatras no centro de saúde. - A plataforma SOS sanidade pública censura a falta de medidas da Xunta para atallar o deteriro da sanidade pública. Fai un chamamento á participar nunha manifestación en Santiago o 12 de febreiro e ata entón vai continuar coa recollida de sinaturas levar as súas demandas ó Parlamento. - A CIG agoira que o 2023 vai ser un ano de conflitividade laboral. O sindicato chama á mobilización pra sacar adiante unha negociación colectiva que garanta unha actualización salarial. - Distintas plataformas contrarias aos macroproxectos eólicos concentráronse este mediodía diante de San Caetano. Estes colectivos falan dun ataque ó territorio e aseguran que acudirán á vía penal para esixir responsabilidades
    46 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 20/01/23
    A Xunta defende a incorporación de médicos no último ano de formación ante a calta de facultativos. A portvoz do BNG parécelle unha ocorrencia. Ana Pontón participou este xoves nunha mnifestación na Mariña en defensa da sanidade pública. E dobre noticia en Stellantis: por un lado soubemos que vai ter máis tempo para presentarse á convocatoria de axudas pra o vehículo eléctrico; por outro, o acordo coa maioría sindical pra repetir este ano un ERTE como o do ano pasado e ofrecer cen baixas voluntarias. Deportes. o Celta xoga hoxe en Mallorca no inicio dunha nova xornada de Liga.
    O tempo. Hoxe Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, cunha fronte rozando a nosa comunidade que deixará chuvias febles no norte. O que xa se notou foi un ascenso nas temperaturas.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 19/01/23
    A defensa pola sanidade pública volve esta tarde á rúa. Esta vez na Mariña onde a falta de facultativos está a derivar nun caos sanitario. Tamén damos conta dos primeiros casos en Galicia da variante Kraken do Coronavirus. E contámoslles cómo foi a última xornada, desta semana, do xuizo do Alvia
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.