Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 18/01/23
    Máis dun milleiro de incidencias polo temporal en dous días, pero as consecuencias máis graves padécenas moitos veciños de Betonte. O río Ladra cobre unha gran extensión do municipio: a auga entrou nunha ducia de casas e varias persoas tiveron que ser rescatadas cunha moto acuática. Aínda que xa chove menos, hai unha vintena de ríos desbordados.
    A neve, de momento, non está a causar grandes problemas... O tempo. Hoxe Galicia continuará no domino dunha masa de aire moi fría: a cota de neve estará situada entre os 400 e os 600, irá subindo cara a noite.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 17/01/23
    Galicia suma xa máis de 700 incidencias por mor do temporal. Fortes refachos de vento que superaron nesta xornada de martes os 100 kilometros por hora, tamén intensas treboadas de auga que causaron anegamentos en varias localidades e avisos por neve que deixaron, só entre Lugo e Ourense, máis de 30 centros e 1200 alumnos afectados.
     
    10 min
  • Crónica de Galicia - 17/01/23
    Nova operación contra o narcotráfico na comarca do Salnés. Desde primeira hora realizanse rexistros en Vilagarcía e Vilanova de Arousa. Hai varios detidos, aínda que polo momento non hai confirmación oficial do número. No xuízo do Alvia o enxeñiro César Mariñas amosouse sorprendido de que Adif non se percatara do perigo da curva da Grandeira. O terceiro e último perito xudicial en declarar sostén que o accidente podería terse evitado cunha segunda barreira de protección. O Sergas pretende contratar médicos residentes en formación pra cubrir prazas de persoal fixo. É a denuncia da Asociación Galega de Medicina Familiar. Sinala que non é a primeira vez que se tentan levar a cabo este tipo de contratacións. Decepción entre os afectados polo derrubamento do paseo das Avenidas en Vigo durante o festival do Marisquiño no ano 2018. Un xulgado acaba de arquivar a causa penal por ese accidente no que resultaron feridas máis de 350 persoas.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.