Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 16/01/23
    A situación económica non ofrece sinais de recuperación. É o que estima o decano da facultade de económicas de Santiago. Xoan Ramón Doldán reclama compensacións para Galicia como comunidde excedendaria na xeración de enerxía e avisa do impacto que tería a instación de parques eólicos no mar.
    Co apagados das luces xa podemos dicir que rematou o nadal tamén en Vigo.
    As estradas deixanos un accidente mortala este domingo. Un veciño de A Laracha perdeu a vida tras caer co seu coche ó río no lugar de Lexas.
    Deportes. en Fútbol, derrota do Lugo en Miranda e triunfo do Obradoiro na liga ACB
    o tempo.
    Unha nova fronte traenos avisos por vento, chuvia e, no mar alerta laranxa por mar do fondo do noroeste ondas de 5 a 7 metros e vento forza 7 a 9. Eso antes de que volva o frío e a neve a partir de mañá.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 15/01/23
    Neste domingo estamos moi pendentes da chegada da borrasca Fien que ameza con traer os rigores do inverno. Xa caeu algo de neve pero polo momento de pouca consideración. En Santiago, esta foi unha fin de semana de normalidade, a primeira despois do reforzo policial nocturno tralos dous recentes acoitelamentos xeraran certa alarma na cidade. Na tarde deste domingo, as oito, apáganse en Vigo as luces do Nadal. Bateuse récord de visitantes ainda que as molestias a veciñanza aumentaron. No tempo da entrevista o convidado é o decano da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago. Xoán Ramón Doldán, que defende que a excepción enerxética que supón Galicia e a fai excedentaria non debería supor unha baixada das tarifas senón que se compensaría aos galegos nos impostos.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 14/01/23
    Os problemas da sanidade seguen no primeiro plano da actualidade. Esta mañá o presidente da Xunta dixo nun acto electoral do PP en Zaragoza que o goberno de Pedro Sánchez se pon de perfil ante estes asuntos.
    Logo en Vigo o conselleiro Julio García Comesaña insistía en que os problemas da sanidade galega veñen de que o goberno non autoriza a formar médicos de familia. En Ourense ainda resoan os ecos do pleno do concello da tarde pasada na que se pedía a demisión de Gonzalo Pérez Jácome por contratar para facer de Baltasar na cabalgata de Reis a un home con antecedentes por violencia de xénero. Os socialistas anunciaron este mediodía que levarán o asunto á Valedora do Pobo.
     
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 13/01/23
     A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria e o colexio de Médicos de Ourense critican o plan do goberno galego pra rebaixa-las listas de agarda e intensificar a actividade sanitaria. Creen que o feito de que se centre nos centros hospitalarios e esqueza a atención primaria deriva en medidas pouco efectivas porque non atende as necesidades dos centros de saúde e os PAC.  O alcalde de Ourense negou no pleno municipal ser consciente de que o home contratado pra interpretar a Baltasar na Cabalgata de Reis, que rexentaba un bar da zona vella, tiña antecedentes por abuso sexual. O PP presentou unha moción pra solicita-la dimisión de Jácome, que contou co voto a favor de 22 dos 27 concelleiros.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.