Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 13/01/23
    Reacción dos sanitarios ó plan anunciado polo goberno galego pra reducir as listaxes de agarda en consultas, probas e cirurxías. Cren que, nas circunstancias actuais e coa sobrecarga que xa existe, é inviable poder reducir os prazos. Auguran falta de camas... e consideran que non se está a ter unha visión completa da situación da atención primaria, por exemplo, co necesario reforzo da enfermería. Mentres, na oposición, os socialistas acusan á Xunta de non ofrecer os datos reais das agardas.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 13/01/23
    Agora son os trens Avril, que cando funcionen reducirán os tempos con Madrid, os que motivan a controversia entre Goberno central e a Xunta. Seguro que hoxe a secretaria de Estado de Transportes, que ten un acto en Foz, responderá hoxe ás críticas da Xunta.
    O goberno galego, por certo, responde ás queixas pola situción da sanidade cun plan para rebaixar as listas de espera. O obxectivo é volver ós números que se rexistraban antes da pandemia.
    E contámoslles que a Garda civil investiga un incendio na Pobra como un caso de violencia de xénero. Deportes. Empeza unha nova xornada de Liga. O Celta recibe ás nove en Balaídos ó Vila-real
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 12/01/23
    O delegado do goberno pronunciouse sobre a chegada dos trens Avril a Galicia. José Miñones considera que é o momento de prioriza-la seguridade e non tanto os prazos. Pregúntase onde estaban os dirixentes da Xunta hai uns anos cando se podían axiliza-los contratos. O Consello da Xunta aproba un plan de intensificación da actividade clínica. Terá un apartado dirixido a atender máis rápido ós maiores de 90 anos e tamén unha vía preferente par os menores de 14. O principal obxectivo deste plan é rebaixa-las listas de espera a números anteriores ó inicio da pandemia.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 12/01/23
    O alcalde de Pontevedra cre que o Supremo só pode ratifica-la sentenza que anula a prórroga da concesión de ENCE. Lores sostén que non hai argumentos nin xurídicos nin medioambienteis para mante-la pasteira en Lourizán. Incerteza no sector do automóbil pola regulación de emprego anunciada en Stellantis. A maioría das empresas auxiliares puxeron en marcha expedientes que van desde os 40 ós 100 días de paro ó ano. Alarma dos traballadores de Correos sobre o futuro do único gran Centro de Tratamento Automatizado de Santiago. A CIG denuncia o seu progresivo desmantelamento que ten como consecuencia a perda de emprego e un peor servizo. Esta primavera o aeroporto de Alvedro vai contar por primeira vez, con catro conexións internacionais. Ás de París e Londres súmanse en marzo as de Xenebra e Milán que operará a compañía Easy Jet. O tempo. As chuvias volven a próximas noite, pero xa pola noite vai orballar na vertente atlántica.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.