Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 11/01/23
    O xuizo do Alvia reanudouse con sorpresa. A presentación dunha nova proba por parte da defensa do maquinista, o que derivou nun novo rifi-rafe coa presidenta do tribunal que avisou ás partes de que non ía admitir máis sorpresas. Hoxe continuará a comparecencia dos peritos.
    Xa está no cárcere o segundo detido polo acoitelamento mortal ocorrido a comezos de ano en Santiago... E coñecemos que a fiscalía vai investigar se hai delito penal no incendio na antiga nave de Pontesa en Pontvedra no que morreu un traballador
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 10/01/23
    Durante a sesión de hoxe no xuízo polo accidente do tren Alvia, declarou o ex-responsable de investigacións de accidentes de Renfe, Manuel Conde. Revelou inexactitudes entre o trazado da liña e a colocación física dos distintos elementos na vía, pero o perito opinou que esta discordancia é pouco significativa como pra ter incidencia no sinistro. Decretada a prisión provisional prao outro detido polo acoitelamento, ocorrido o pasado día 2 de xaneiro en Santiago, na rúa Santiago de Chile, no que morreu un home de 31 anos. E a Fiscalía de Pontevedra abriu unha investigación pra esclarece-lo acontecido no incendio da antiga fábrica de Pontesa en Ponte Sampaio, Pontevedra, no que faleceu un traballador do Grupo Nogar. O Ministerio Fiscal decidiu abrir dilixencias pra determinar se houbo ilícito penal nun lume que se deu por extinguido 20 días despois do seu comezo o 6 de novembro.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 10/01/23
    Borgwarner mantén a aposta pola súas instalacións de Vigo.
    A multinacional estadounidense da automoción vai investigar 12 millóns de euros nun novo centro de investigación na factoría de Zamáns. O primeiro de febreiro os barcos do cerco poderán acollerse a un amarre voluntario. É unha das partes do acordo que os armadores negocian co ministerio de pesca como compensación polo recorte na cota do xurelo. A CIG demanda a equiparacion salarial de todo o profesorado tecnico da FP.
    Non acepta que os que poden ingregrarse no corpo de profesor de secundaria xeneralista queden co salario conxelado. A Universidade de Santiago lidera un proxecto para combater os tumores canceríxenos sólidos a través das células CAR-T. Xa demostraron a súa eficacia en cancros sanguíneos. Agora teñen tres anos pra facer o estudo pra o que contan co financiamento do Goberno.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.