Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 09/01/23
    Segundo agresión grave en menos dunha semana en Compostela. Un mozo tivo que ser operado de urxencia e perdeu o bazo tras unha liorta ás portas dunha discoteca na zona nova da cidade. Xa hai un detido: un veciño de Ames. Tamén na crónica de sucesos, quedou en liberdade con afastamento un home acusado de disparar a outro hai máis dun mes en Maceda, Ourense. Levaba en busca e captura desde entón. En Vigo reunión importante para o futuro de Stellantis. Dirección e sindicatos negocian o ERTE flexible e o ERE voluntario. Mentres, seguen as protestas de sanitarios de área de Pontevedra-O Salnés. Esta vez denuncian os atrasos nas urxencias do Montecelo esta fin de semana pola falta de facultativos nos PACS da contorna
    15 min
  • Crónica de Galicia - 08/01/23
    Boa tarde. Tralas vacacións do nadal toca volver á rutina, tamén aos grupos políticos. Hoxe foi a quenda do BNG que, desde Rianxo, coa súa habitual homenaxe a Castelao, fixou como reto conseguir un resultado histórico nas eleccións municipais.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 07/01/23
    Boa tarde. Hoxe comezan oficialmente as rebaixas de inverno, nas que os galegos gastaremos unha media de 135 euros por persoa.
    Unha campaña que xerará na nosa comunidade uns dez mil novos empregos. De seguido coñecemos os concellos dos expertos para estes días, antes repasamos outros titulares deste sábado con DOlores Gómez. -En Ourense, hai que lamentar o falecemento de dúas mulleres, de 71 e 50 anos, no incendio dunha vivenda do barrio ourensá de Covadonga -A igrexa de Santo Domingo de Bonaval, en SAntiago, acolleu esta mañá a ofrenda floral en homenaxe a Castelao, polo 73 aniversario do seu pasamento. -Guadi Galego presenta o seu novo disco "Roibén". Un albún que nace da colaboración con Iván Ferreiro
    31 min
  • Crónica de Galicia - 06/01/23
    O sorteo da lotaría de Reis tamén é afortunado con Galicia. O máis repartido, o segundo premio, 72.289 caeu en Vigo, Cervo, Ordes, Lugo, O Carballiño, Ourense, Pontevedra e Cangas. SOn 75 mil euros por décimo. E o terceiro premio, o número 18.918, 25 mil euros por décimo, deixa cartos en Lugo - Os prezos dos carburantes subiron máis dun 1 por cento no que levamos de ano. Ourense é o lugar máis caro de Galicia pra mercar combustible e Lugo o máis barato. - Dispárase a demanda de leña en Galicia e aumenta un 30 por cento o seu prezo A falta de operarios e o elevado prezo da electricidade son as principais causas - A dirección de Stellantis e os sindicatos reuniranse o vindeiro luns en Vigo. A xuntanza ten coma obxectivo negociar un novo ERTE flexible e un ERE voluntario. - Os sindicatos médicos critican ó Sergas pola implementación das consultas por videochamada Non ven que este sistema, que chegará nestes meses a hospitais e centros de saúde, sexa unha solución ós problemas actuais
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 06/01/23
    os nenos e nenas recibirán os agasallos dos Reis Magos, despois dun xoves no que as cabalgatas puideron desfilar polas cidades galegas a diferenza do ano pasado debido ás restriccións a consecuencia da pandemia. - A federación de autonómos de Galicia alerta da perda de máis de 2000 traballadores por conta propia en 2022. Segundo a federación son os peores datos dende a crise de 2008. - O sector pesqueiro de Vigo únese ó do resto de España pra pedir a baixada do IVE dos produtos do mar. Ademais, o sector sector lácteo está preocupado pola reducción da producción de leite e de granxas debido ó aumento dos gastos nas explotacións. Cren que, de continuar así a situación, podería haber desabastecemento
    15 min
  • Crónica de Galicia - 05/01/23
    Hoxe si, tras dous anos nos que a tarde de cabalgatas non foi nada similar a como a temos todos na memoria, regresan os desfiles coas rúas ateigadas para que os nenos e tamén maiores reciban ós Reis Magos. Algúns con certa polémica polo emprego de animais, outros con homenaxes especiais.
     
    30 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.