Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 30/12/22
    Acto de conmemoración da traslación do Apóstolo no que Alfonso Rueda se estreou como delegado rexio. Esta cerimonia da traslación marca o comezo da fin deste priemiro Xacobeo que durou dous anos. Mañá péchase a Porta Santa. O BNG alerta do importante deterioro dos servizos públicos, particularmente a sanidade, Ana Pontón sinala que 2022 remata sen solucións por parte da Xunta á saturación de urxencias ou crise en atención primaria. Un premio chama a outro. É o que deben pensar os que se dirixiron á Fonsagrada para mercar a lotería de Reis. A administracion que repartiu o gordo vendeu todo o que tiña e tivo que pedir máis. Últimas compras pra noitevella, aínda que é unha data con moitas ceas fóra. Os produtos máis demandados son a centola, a 38 euros o quilo, a robaliza ou dourada. Pero hai algo menos de peixe polo temporal. O tempo. o vento e o mar de fondo ten a maioría dos barcos amarrados e mañá aínda vai ir a peor. Pero as temperaturas altas.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 30/12/22
    Alfonso Rueda respalda ó conselleiro de Sanidade. Ante as críticas que Julio García Comesaña recibiu do colexio de médicos de Pontevedra ou as demisións nos hospitais, o presidente da Xunta sinala que Comesaña pode ter detractores, pero tamén concita moitos apoios entre os profesionais sanitarios.
    Xa declararon ante a Garda civil os dous superviventes do accidente que se produciu o día de noiteboa en Cerdedo, pero non trascendeu nada do seu testemjño. Deportes. O Celta retoma a competición de liga despois do mundial e despide o mesmo tempo o ano en Balaídos. Ás sete e cuarto recibe ó Sevilla. O que perda acabará 2022 en posición de descenso. O tempo.
    Soben as temperaturas, pero hoxe destaca o vento. Hai aviso amarelo en toda Galicia. Os refachos poden chegar ós 80 quilómetros por hora.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 29/12/22
    Traballo intensivo estes días nas gasolineiras o achegar o final da bonificación do goberno. Sobre todo nas máis próximas a Portugl.
    Pero os donos das estacións de servizo avisan... non só notaremos que xa non nos descontan eses 20 céntimos senón que vai haber unha pequena suba.
    Segundo os donos das estacións o prezo por litro subirá polo aumento da porcentaxe de biocombusble que pasa dun 8 a un 10 por cento.
    Tamén imos escoitar a xustificación que da o ministro Luis Planas a decisión do Goberno de non baixar o Ive da carne e o peixe. 
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.