Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 27/12/22
    - A CIG reclama un plan de reforzo do persoal pra área sanitaria da Coruña. Advirte de que a saturación das Urxencias trasladouse agora ás plantas de hospitalización. - Santiago dá luz verde á súa primeira zona de baixas emisións no casco vello. Os veciños poderán seguir accedendo cos seus vehículos, pero restrinxirase o aparcamento. - Queixas da veciñanza do Orzán, na Coruña, polo ruído dos locais nocturnos. Acusan ao goberno local de non facer nada pra garantir o descanso dos residentes.
     
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 27/12/22
    En Cerdedo, nuns minutos empezarán os traballos pra intentar sacar do río Lérez o autobús accidentado o sábado. Os operarios estiveron cortando ás árbores para que non haxa obstáculos no seu izado.
    Agora o primero será facer as probas de carga pra ubicar a grúa. Porque o seu peso hai que unir o do autobús e a presión que fai a auga no fondo do río, aínda que o nivel xa baixou despois de dous días sen chover.
    Agora lles contamos os detalles desde Pontevedra e tamén imos recoller a preocupación polo impacto que pode ter nos bancos marisqueiros a chegada de grandes cantidades de auga doce. O tempo.
    Este martes continuaremos con predominio das altas presións... as temperaturas mínimas lixeiramente máis baixas.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 26/12/22
    Preocupación en Noia polo impacto no banco marisqueiro do exceso de auga doce. As enchentas dos ríos provocan unha reducción da salinidade no esteiro. Xa empezaron a aparecer exemplares mortos. En Valdeorrras, o sector da lousa elixe o porto de Leixoes antes que o de Vigo para exportar. Sinalan que é máis axil e barato porque en Vigo a lousa non ten aa mesma prioridade que outros productos. Os traballadores despedidos de Alcoa na Coruña esperan que non afecte ó cobro de indenizacións a reapertura da investigación sobre a venda da fábrica. A Audiencia Nacional considera prematuro o peche da investigación. Atende así a demanda dun grupo de extraballadores. Balance dos grupos parlamentarios ó remate do periodo de sesións marcado polo relevo na Xunta. Para a oposición non cambiou nada con Rueda como presidente. Para o PP foi unha leición de cohesión e estabilidade.
    30 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 26/12/22
    Xornada de loito en varios concellos de Pontevedra polas seis persoas que faleceron no accidente dun autobús en Cerdedo-Cotobade. Catro mulleres e dous home.... o máis novo, un mozo de 21 anos, veciño de Nigrán que volvía de Lugo á súa casa pra cea de noiteboa. Hoxe aínda se vai facer unha nova batida no río, pero xa se descarta que haxa máis víctimas. A operación para retirar o autobús deixase para mañá.
    Un suceso luctuoso que veu marcar estas datas tan sinaladas, tan familiares...
    Deseguido lles contamos os detalles dun rescate dos dous superviventes e dos corpos dos falecidos no que os servizos de emerxencia se tiveron que empregar a fondo polo elevado caudal do Lérez.
    Agardase que siga baixando... para hoxe non se agrdan chuvias. O longo da xornada iremos quedando baixo influencia das altas presións.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 24/12/22
    A chuvia está a ser protagonista nesta xornada de noiteboa, sobre todo na provinci da Coruña... choveu moito e vai seguir chovendo.
    Hai moitos ríos xa desbordados e zonas inundadas. Durante a mañá os servizos de emerxencia leva achicando auga que xa entrou en numerosos baixos.
    Deseguido conectamos co 112 e con meteogalicia.... Hoxe tamén nos achegamos ós merados onde aínda se fan as últimas compras e quixemos coñecer varias accións solidarias pra pasar esta noiteboa.
     
    31 min
  • Crónica de Galicia - 23/12/22
    Ninguén diría que o sorteo do nadal deixou 360 millóns de euros na Coruña e na Fonsgrada... semella que, tra-las demostracións de alegría deste xoves, agora os fortunados o toman con calma. Non varía a rutina
    Na Fonsagrada os donos dos negocios temen que os cartos non queden alí e que os posuidores dos décimos premiados fagan o gasto na cidade. Os tres bncos que abriron de xeito excepcional onte á tarde non recibiron ningún cliente extra... ou iso din.
    Agora escoitamos as impresións do día despois. Antes con Pablo Montero os outros titulares desta víspera de noiteboa.
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.