Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 22/12/22
    Arquivo provisional da última causa que tiña pendente o exsecretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro. Cando se confirme terá o camiño libre para volver á política.
    Outro fallo xudicial, neste caso na Coruña, obriga a dimitir a concelleira de Deportes. O Tribunal Superior de Galicia confirma que o de Mónica Martínez é un caso de transfuguismo.
    Nos próximos minutos actualizamos tamén os datos da última operación contra a droga. Hoxe está previsto que continúe a declaración dos detidos. Deportes. O Pontevedra avanza na Copa tras deixar fóra a un segunda, o Tenerife. Hoxe turno para Arenteiro e Celta
    15 min
  • Crónica de Galicia - 21/12/22
    Chámase 'sugar brown', azucre moreno, e é a última operación antidroga que se desenvolve en Galicia. Hai 16 persoas arrestadas, tres delas en Tenerife e que xa foron enviadas a prisión provisional comunicada e sen fianza polo xulgado de Vigo que leva o caso A organización criminal utilizaba falsos pesqueiros para navegar polo Atlántico africano e cargar a droga. O barco apresado no porto canario de Santa Cruz tiña tres toneladas con destino a lanchas e outras embarcacións que as achegarían ás costas galegas. A investigación segue en marcha e implica varias localidades, a principal Vigo, tamén Cambados ou Vilanova.
     
    26 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 21/12/22
    Nova operación contra a droga. A abordaxe dun barco con máis tres toneladas de cocaína continuou despois con numeros rexistros, case todos na provincia de Pontevedra. Son 14 os arrestos relacionados con este alixo de droga.
    sanidade: a delegación galega da confederación estatal de sindicatos médicos adianta que se ven abocados a convocar unha folga. Para evita-la piden unha negociación co presidente da Xunta.
    Deortes... comezan os partdios de copa para os tres partidos galegos que continúan en competición: hoxe o Pontevedra recibe ó Tenerife
    15 min
  • Crónica de Galicia - 20/12/22
    Paso definitivo dos orzamentos galegos para 2023. Está en marcha o pleno do Parlamento e estamos pendentes da votación que, se non hai sorpresas, permitirá a aprobación das contas grazas á maioría absoluta dos populares. A Xunta insiste: os máis de 12 mil millóns de euros convértenos nos máis elevados da historia. A oposición critica falta de investimento en servizos públicos e axuda ás familias con menos recursos. Por certo que estamos pendentes dunha nova operación contra o narcotráfico en Galicia. A Garda Civil está a realizar rexistros en domicilios de varias localidades das provincia da Coruña, Ourense e Pontevedra, entre elas Vigo. Algunhas fontes falan de máis 10 persoas detidas
    26 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.