A sorte está con Galicia. Todas as miradas na Coruña e a Fonsagrada, as localidades máis afortunadas con máis de 360 millóns do Gordo de Nadal: o 5.490, que tamén caeu en Noia, Vigo, Poio e no Porriño. Pero o sorteo máis agardado do ano foi aínda máis xeneroso: cuarto premio, o 25.296 en Vigo, Ourense, Xinzo, Tui, Bueu e na Illa. E dous quintos premios, o 87.092 e o 88.509 teñen selo galego: na listaxe tamén a capital, Compostela - Ábrese á porta da volta á política do exsecretario xeral dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro tralo arquivo da Operación Pulpo O actual líder do PSdG e a alcaldesa de Lugo defenderon a súa labor e amosáronse a favor do seu regreso - Inditex aumenta a oferta salarial para as dependentas que convocaron a folga no Black Friday As dependentas comparecen arestora en rolda de prensa e avanzan que dan por resolto o conflito co xigante textil - Concentración dos gardacostas galegos na Coruña pra esixir a súa inclusión no réxime especial do mar Permitiríalles ter dereito á xubilación anticipada ou a vixilancia médica específica polo risco que asumen nos seus postos - Comezan a declarar en Vigo 13 dos arrestados na investigación contra a droga Sugar Brown - Catro deles foron arrestados na cidade olívica, entre elas, un histórico do narcotráfico galego