Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 05/01/23
    O Sergas confía en que preto de 5.600 prazas que se convocan esta semana palíen a falta de persoal, pola vía de estabilizar a un grande número de profesionais sanitarios. Porén, os sindicatos médicos non cren que isto solucione o problema. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusa ó presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de non aplicar medidas pra alivia-la situación das familias e empresas galegas ante a suba de prezos e de apropiarse dalgunhas postas en marcha polo Estado, como o bono alugueiro. E Unións Agrarias reclama á Xunta e ó Ministerio de Transición ecolóxica que se desbloquee o pago dos fondos do Plan de Xestión do Lobo, aprobados o ano pasado. Critican que o Goberno central xa emitiu as axudas pra outras comunidades coma Castela León ou Asturias, pero que penaliza a Galicia, por presentar a Xunta un recurso contra o plan. En deportes.... O Pontevedra quedou fóra da Copa do Rei este mércores tras perder 0-2 contra o Mallorca en Pasarón
    15 min
  • Crónica de Galicia - 04/01/23
    Levamos varios meses con queixas reiteradas polos problemas na sanidade ante a falta de médicos. Hoxe o Diario Oficial de Galicia recolle parte da oferta pública de emprego que o Sergas denomina a maior da historia. E coa que agarda solucionar algunhas das eivas. Pero os sindicatos médicos xa avisan: non chega con estabilizar emprego, hai que mellorar as condicións. E iso, din, empeza por diminuír a sobrecarga - O BNG acusa á Xunta de estar desaparecida tra-los danos ocasionados polo temporal Propón empregar os fondos de continxencia dos orzamentos para axudar a concellos coma Arnoia, onde as riadas levaron por diante dúas áreas recreativas e danaron unha ponte de pedra - Vigo dá marcha atrás e non adiantará o apagado das luces do Nadal O alcalde anunciara onte a medida pra aforrar enerxía pero finalmente retráctase tras reunirse con hostaleiros e comerciantes - A sala de concertos de Lugo onde se produciu a avalancha na noite de fin de ano sí tiña licenza para o evento Confírmao o concello despois de que 600 persoas quedaran atrapadas no corredor que levaba ó roupeiro. - Biólogos galegos esixen á Xunta a inclusión da 'camariña' no catálogo de especies ameazadas Indican que está a disminuir a presenza dunha planta importante pra biodiversidade galega e que deu orixe a nomes coma Camariñas ou a Pobra do Caramiñal
    31 min
  • Crónica de Galicia - 03/01/23
    Stellantis reanuda a produción tralo parón de Nadal co obxectivo de recuperar a produción anterior a crise de compoñentes A CUT apunta que a empresa comunicou a intención de desenvolver un ERE voluntario, ademais do ERTE flexible xa anunciado O arquivo catedralicio de Ourense, danado polas intensas choivas dos pasados días Outros concellos afectados polo temporal, como Salceda de Caselas e Chantada, queren ser declaradas zona catastrófica Resposta ás críticas pola contratación de persoal externo ó Sergas na noite de fin de ano en dous PAC da provincia de Pontevedra O xerente da área sanitaria argumenta que, de non tomar esa medida, os doentes terían que ser atendidos por enfermeiras porque non había médicos de garda dispoñibles O concello de Pontevedra entrega as chaves do convento de Santa Clara á Deputación que se fai cargo da propiedade Converterase nun novo edificio do Museo de Pontevedra. Queda por diante a rehabilitación do conxunto
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 03/01/23
    Bo día...as cidades galegas aínda non están preparadas pra aplica-lo real decreto que regula as zona urbanas de baixas emisións en concellos de máis de 50 mil habitantes. Salvo Pontevedra. outras cidades coma Lugo ou Ourense ainda están lonxe de poder aplica-la normativa. En canto ás inundacións, o concello de San Sadurniño manten a alerta tra-los desprendementos rexistrados a pasada fin de semana e o de Salceda de Caselas estuda solicita-la declaración de zona castastrófica. E nos deportes, volve a Copa do Rei... O Celta xoga hoxe en Barcelona contra o Español. Eliminatoria a partido único que comezará ás 7 da tarde. En canto ó tempo, as altas presións dos Azores influirán sobre Galicia pero os ventos do sur achegarán moita humidade.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 02/01/23
    As choivas deixaron paso ós raios de sol pero as consecuencias do temporal seguen moi presentes. A peor parte levárona o sur da provincia de Pontevedra e Ourense. Esta mesma mañá afundía un treito de beirarrúa no Carballiño, sen danos persoais. E no resto de concellos o esforzo agora é recuperar os espazos ós que chegou a auga, que mesmo afectou ó PAC de Ribadavia e a dúas zonas residencias de Ponteareas. A isto súmase a caída da fachada dun edificio en Poio ou a decena de coches que quedaron semimergullados en Chantada - As cidades galegas aínda non están preparadas pra adaptarse ás zonas de baixas emisións Algunhas coma Ourense e Lugo aínda están en fase de elaboración do proxecto pra cumplir o decreto do goberno central, que vén de entrar en vigor - No Parlamento, o grupo socialista denuncia o baixo nível de execución dos orzamentos da Xunta, sobre todo en materia social. O PP pide agardar ós datos de final de ano, pero sinala, en todo caso, que é máis do que cumpren outras administracións gobernadas polo PSOE. - Mobilización en Ourense contra a violencia de xénero tras un decembro negro O Centro de Información á Muller de Ourense convoca a concentración como cada primeiro luns de mes e pide mellorar os recursos dispoñibles pras vítimas -Rogelio Groba será enterrado en Ponteareas ás cinco desta tarde O compositor faleceu ós 92 anos da Coruña deixando máis de 700 obras compostas e tras promover proxectos musicais como a Orquestra Sinfónica de Galicia
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 02/01/23
    Bo día...O ano empezou con intensas precipitacións....O 112 Galicia rexistrou case 400 incidencias provocadas polo temporal durante este domingo, 1 de xaneiro de 2023. Un exemplo, en Areas, en Tui chegáronse a recoller 123 litros por metro cadrado en 12 horas. A maioría das incidencias producíronse na provincia de Pontevedra e tiveron que ver con inundacións en vivendas, garaxe e baixos comercias.
    Agora repasamos a situación... nun luns no que Ponteareas vai despedir ó compositor Rogelio Groba que faleceu esta fin de semana na Coruña. En canto ó tempo, Galicia irá recuperando a influencia anticiclónica nesta xornada, aínda que cunha fronte moi desfeita ó oeste da Comunidade.
     
    15 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.