Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 09/01/23
    Primeiro foi un acoitelamento con resultado mortal, un falecido, e agora un menor ferido, operado de urxencia, co bazo extirpado. Ámbolos feitos en menos dunha semana, e os dous fronte a discotecas da zona nova de Compostela. Un comité de seguridade reuniuse esta mañá, indican que os dous acontecementos non teñen relación. Na xuntanza estivo a subdelegada do goberno, que anunciou a ampliación do dispositivo de vixilancia. María Rivas quixo mandar unha mensaxe de calma pero os veciños da zona non están tranquilos. Cren que detrás dos feitos está o aumento da prostitución e tráfico de drogas nos últimos anos - A falta de médicos en varios PAC's de Pontevedra satura de novo o servizo de urxencias de Montecelo. O BNG considera que o PP representa un risco para a sanidade pública. Os socialistas píndenlle a Alfonso Rueda que asuma directamente a procura de solucións. - Sen cota de xurelo, case tódo-los barcos de cerco están amarrados. Os armadores negocian axudas para que os 800 mariñeiros afectados non teñan que consumir as súas prestacións ata que se abra a campaña do bocarte en marzo. - Hoxe comeza oficialmente a campaña de extracción de mexilla. Os bateeiros terán que limitar a súa actividade ós espazos de sempre. Non conseguiron autorización, de momento, para ampliar as zonas de recollida. - Na Fonsagrada continua a rodaxe da película "As Neves", a ópera prima da actriz e directora viguesa Sonia Méndez. Esta película retrata unha xeración de adolescentes que están hiperconectados ás redes pero que viven illados en entornos rurais
    50 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 10/01/23
    Volven as sesións do xuízo do Alvia na Cidade da Cultura de Santiago despois do paro do Nadal. É a recta final da acción penal con máis dunha decena de peritos citados nas vindeiras semanas. Esta mañá será a quenda de quen fora responsable do departamento de investigación de accidentes de Renfe. E a saturación nas urxencias do Montecelo o pasado fin de semana provocaron o cruce de reproches no Parlamento. PSdeG e nacionalistas acusan á Xunta de mala xestión, dunha política sanitaria prexudicial. O PP deféndese, di que fan o que poden e pasan a responsabilidade ó goberno central. En Compostela, as autoridades comprométense a reforza-la seguridade ante os dous actos violentos ás portas de localis de lecer nocturno cun falecido e un ferido grave. As negociacións de Stellantis e sindicatos deixan unha cifra: 5 mil traballadores veranse incluídos no ERE voluntario e no ERTE flexible, de 90 días ó longo deste ano
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 09/01/23
    Boa tarde...a policía autonómica formará parte do dispositivo especial de seguridade cidadá en Compostela tralo acoitelamento a un menor de 17 anos que tivo lugar esta pasada fin de semana. É o segundo acoitelamento que se rexistra na cidade en menos dunha semana. A falta de médicos nos PAC da área sanitaria de Pontevedra- O Salnés saturou este domingo de novo o servizo de urxencias do Hospital Montecelo. Isto provocou protestas dos propios facultativos do servizo. No Parlamento, os grupos da oposición instan a Xunta a buscar solucións urxentes a falta de persoal no SERGAS, especialmente nesta área sanitaria. A dirección de Stellantis e os sindicatos comezaron hoxe a negociar un novo ERTE flexible e un ERE voluntario. Ambos incluirán a algo máis de 5.000 traballadores e o ERTE se vai desenvolver, en principio,ó longo de 90 días de aquí a fin de ano.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 09/01/23
    A falta de médicos en varios PAC's de Pontevedra satura de novo o servizo de urxencias de Montecelo. O BNG considera que o PP representa un risco para a sanidade pública. Os socialistas píndenlle a Alfonso Rueda que asuma directamente a procura de solucións. Sen cota de xurelo, case tódo-los barcos de cerco están amarrados. Os armadores negocian axudas para que os 800 mariñeiros afectados non teñan que consumir as súas prestacións ata que se abra a campaña do bocarte en marzo. Hoxe comeza oficialmente a campaña de extracción de mexilla. Os bateeiros terán que limitar a súa actividade ós espazos de sempre. Non conseguiron autorización, de momento, para ampliar as zonas de recollida. Na Fonsagrada continua a rodaxe da película "As Neves", a ópera prima da actriz e directora viguesa Sonia Méndez. Esta película retrata unha xeración de adolescentes que están hiperconectados ás redes pero que viven illados en entornos rurais.
    26 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.