Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 26/11/22
    Galicia aparece entre as comunidades que teñen a plantilla docente mais envellecida. Dato que aporta un estudio de UGT a nivel nacional e que segundo o sindicato repercute en que non se renove o persoal docente arricandose a un posible colapso no sector A morte digna centra hoxe unha xornada en compostela pra denunciar a pasividade da Xunta á hora de formar e informar ós pacientes sobre as diferentes opcións prá fase final da vida. No tempo da entrevista falaremos co director Xavier Villaverde sobre a sua peza docuemntal sobre María Casares, a actriz coruñesa exiliada en Francia
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 25/11/22
    Hai 23 anos que celebramos o día Internacional da Violencia contra a Muller. Houbo avances neste tempo pero ainda non os suficientes que permitan acabar coa lacra da violencia machista. Segundo Fiscalia, cada dia, abrense unha media de 18 procedementos penais de violencia contra as mulleres na nosa comunidade. Uns datos que non debemos pasar por alto nin hoxe 25 de novembro, nin o resto dos dias do ano. E xa quedan poucos minutos pra que comecen , nas principais cidades galegas, as manifestacións por este 25N.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 25/11/22
    Educar en igualdade desde unha perspectiva feminista, que tódalas vítimas teñan os seus dereitos garantidos residan onde residan, cambios socioculturais que eliminen os roles patriarcais. Políticas públicas teñan como un dos seus obxectivos principais a eliminación da violencia de xénero. Ou poñer o foco nos agresores, mudar a mentalidade machista de culpar á muller polo que fai ou como o fai. Estas son algunhas das peticións e obxectivos pronunciados durante a mañá por colectivos feministas e tamén nos diferentes actos institucionais polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. En Galicia 65 mulleres foron asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas desde que hai rexistros. Esta tarde haberá manifestacións nas principais cidades coma Compostela, Ourense, Vigo ou Lugo. Tamén en Vilagarcía, Lalín, Ordes, Monforte, Vilalba ou Ribeira.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.