Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 24/11/22
    A provincia de Pontevedra é a máis afectada polas choivas das últimas horas. Hai risco de que o río Tea volva desbordarse con perigo para máis dunha decena de vivendas da parroquia de Moreira, en Ponteareas. E no Rosal, o río Carballas desbordou en varias zonas, pídese precaución ós veciños tanto nas beiras deste río coma no Miño. Mondariz ou o Porriño son outras das localidades afectadas. Tamén en Vigo, onde a auga provocou a primeira hora a caída dun muro en Castrelos e obrigou a cortar a estrada nese punto.
     
    45 min
  • 20221124 R1/R5 7,45 GALICIA
    A crise sanitaria na provincia de Pontevedra vai a máis e o colexio de médicos rompe relacións coa consellaria. Faino con termos moi duros: di, por exeplo que vive nunha realidade falsa e fantasiosa.
    De Pontevedra chéganos a outra noticia, o encarceramento de José Ramon Dorgambide, un dos detidos na operción antidroga deste luns. E hoxe temos dúas novas citas xudiciais, co Alvia e co Chicle... o xuizo a este último, acusado da violación da súa cuñada, quedará este xoves visto para sentenza
    16 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 23/11/22
    Contiúa o Xuizo do Alvia. Na sesión de hoxe o agora secretario do comité de empresa de Renfe, declarou que
    Andrés Cortabitarte, un dos acusados, suprimiu as comisións mixtas de seguridade entre Renfe e Adif xa en 2008. O Sergas abrirá este sábado os hospitáis galegos pra vacinación masiva, fronte o virus da gripe, pros menores de 5 anos. Nos últimos días o número de menores con gripe aumentou ata un 40%.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 23/11/22
    O xuízo do Alvia deixa hoxe unha afirmación que non se escoitara ata o de agora: Andrés Cortabitarte, un dos acusados, suprimiu as comisións mixtas de seguridade entre Renfe e Adif xa en 2008, cinco anos antes do accidente do tren en Angrois. Así o declarou o actual secretario do comité de empresa de Renfe, Juan Carlos Cañas, que declarou como testemuña. Tamén certificou que para os maquinistas é obrigatorio responder o teléfono corporativo, como fixo Francisco José Garzón segundos antes do sinistro.
     
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.