A Audiencia Provincial da Coruña non ve indicios para procesar ao ex-conselleiro, Alfonso Villares por agresión sexual. O que fora titular do departamento de Mar dimitiu en xuño do pasado ano despois de que trascendese públicamente a denuncia. Confirma así o arquivo e ratifica así a decisión do xulgado de Ferrol, que dera por concluido o sumario. O auto da Audiencia aínda non é firme. Cabe presentar recurso de súplica.
Renfe achaca as incidencias na venda de billetes de onte a un posible erro da aplicación. Tamén sobre as conexións por tren, o Foro Cidadán polo Ferrocarril de Ferrolterra realizará este sábado unha viaxe reivindicativa entre Ferrol e Betanzos, en demanda dun transporte digno.
Segunda xornada de protesta, este mércores, do alumnado do CEIP Virxe do Portal, en Sobrado dos Monxes. Non está a acudir a clase como medida de presión polo mal estado do centro.
17 producións finalistas compiten este mércores nos premios de teatro María Casares, que celebra xa a súa trixésima edición na Coruña. O espectáculo Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, é o que acumula máis nominacións, cun total de 11.
Escuchar audio