Estabilizado o lume que se declarou onte nas concellos da Laracha e Carballo, que acabaron por unirse afectando. segundo o último parte de medio rural 150 hectáreas.
As chuvias están axidando a calmar a situación, varios veciños tiveron que ser desaloxados, pero xa están nas casas...De seguido falamos co alcalde da Laracha.
Tamén en Ferrol, os servizos de extinción tiveron que actuar este luns para sofocar un incendio que se produciu a escasos metros da ermida de Chamorro, cadrando coa romería, o lume non tardou en ser extinguido.
Ademáis, damos conta dun incendio urbano en Narón declarado esta noite, que calcinou un edificio desocupado na zona da Xuvia.
--Atención ao tráfico na Coruña porque dende esta noite e ata o venres non se poderá circular en horario nocturno por Alfonso Molina debido a montaxe da nova pasarela que une a estación de autobuses coa de tren.
- Tras case dous meses do incencio na Comisaria da Policia Nacional de Santiago, os efectivos da capital galega din sentirse abandonados polo Ministerio e esixen un novo espazo de forma urxente.
- A cidade herculina acolle dende hoxe a Semana do Cinema Galego. Os oito filmes finalistas nos Mestre Mateo poderán verse de balde no Teatro Colón e a Domus
Escuchar audio