Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 15/11/22
    Inaceptable, kafkiano e perigoso. Son algúns dos cualificativos que recibe a idea exposta nas últimas horas polo xerente da área sanitaria de Pontevedra de abrir os PACs ó público só con persoal de enfermeiría, ós que ofrecerán un cursiño de 3 horas. Dende Sos Sanidade critican que se trate así de normalizar unha situación excepcional e xa grave de por sí. A confederación estatal de sindicatos médicos advirte de que pode ter consecuencias graves pros doentes. O presidente da Xunta di que será unha solución puntual, non definitiva, e que seguen traballando co goberno central pra cosneguir médicos abonda pra evitar estas situacións
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 15/11/22
    A falta de médicos denunciada estes días na área sanitaria de Pontevedra o Salnés non ten de momento solución sobre a mesa. Os puntos de atención continuada recibirán reforzos de enfermeiras pero non de facultativos. Estas traballadoras van ter ademais formación específica para actuar ante certas emerxencias. Todo nunha xornada na que, case seis meses despois, coñeceremos as causas do derrubamento no viaduto do Castro, na A6, en medio das queixas dos transportistas polos desvíos que teñen que realizar, perdendo, din, tempo e cartos. Tamén esta mañá retómase o xuízo do Alvia coas declaracións como testemuñas de dous inspectores que traballaron na liña do accidente e que chegaron a estar investigados na fase de instrución. Tamén declara un axente da Policía Nacional. Ademais, o mar déixanos a morte dun pescador en Bares. A lancha coa que saíra ó mar co seu irmán envorcou. E en Ourense, faleceu unha muller de 93 anos ó derrubarse o tellado da súa vivenda. No tempo, durante as primeiras horas do martes, a fronte aínda non nos deixa, sitúase hoxe sobre o sueste da comunidade, a choiva pode vir acompañada de aparato eléctrico.
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 14/11/22
    O recurso do goberno central ao veto de pesca de fondo en case un cento de areas mariñas protexidas xa foi presentado esta tarde e tanto armadores, confrarias como politicos amosáronse satisfeitos porque España cumpriu co prometido. Tamén falaremos dos problemas na sanidade onde a falta de médicos unida ao aumento de pacientes con enfermidades respiratorias complican a situación nos servizos de urxencias
    11 min
  • Crónica de Galicia - 14/11/22
    ¿Como se atende un punto de atencón continuada senmédico? É unha pregunta que moitos enfermeros están a verse obrigados a responder, e ue non semella que vaia ser algo puntual. A xerencia da área sanitaria de Pontevedra o Salnés, apunta a reforzos con máis enfermeros e a unha formación específica de 3 horas sobre emerxencias pra este tipo de santiarios Unha resposta á falta de facultativos coa que non concordan dende o sindicato de enfermería SATSE, que lembra que se loitou moito pra conseguir que os equipos deste tipo de centros conten con médico e enfermeiro. E a piques de inicairse o pico de enfermidades respiratorias, o sergas non prevé reforzos, senón suspensión da actividade programada, se a presión asistencial se incrementa - Normalidade en estradas portos e polígonos no primeiro día de convocatoria de paro do transporte Non houbo incidencias nin piquetes reseñables nunha xornada cun forte dispositivo de vixilancia, e escaso seguemento do paro entre os transportistas galegos - Satisfacción no sector pesqueiro e político pola presentación por parte do goberno do recurso contra o veto á pesca de fondo Baséase en que a decisión da comisión se adoptou sen ter en conta a información científica dispoñible e que non tivo en conta que os artes fixos de fondo non interfiren cos ecosistemas mariños. - 5.500 sinaturas polo indulto de Xesus ANxo Lopez Pintos O ex secretario comarcal da CIG; condenado por agredir a un axente durante as protestas do naval de 2012, recibe o apoio de tódolos sindicatos galegos - A cadena de conxelados Hiperxel está o borde do concurso de acreedores. Máis de 300 empregados á espera da decisión que tome o seu principal proveedor, Iberconsa, que tería que participar con dous millóns de euros no plan de restructuración da débeda
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.