Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 14/11/22
    Portos, áreas loxísticas ou polígonos amencen hoxe con máis vixilancia ante os anunciados paros no transporte, que en Galicia secundan os asociados na Plataforma nacional. Denuncian o incumprimento da lei que prohibe traballar a perdas. Está por ver o impacto porque o sector acusa ás grandes empresas de presionar ós camioneiros para que non deixen de traballar hoxe. As asociacións maioritarias galegas desvincúlanse da folga. As estradas déixannos un accidente con tres feridos na AP-9 cerca de Miño. Foi provocado por un turismo que circulaba en sentido contrario, e que segundo confesou a Garda civil se confundiu na entrada. Nos deportes, o Arenteiro elimina ó Almería. O equipo do Carballiño volverá a enfrontarse a un primeira na próxima ronda á que avanzaron tamén Pontevedra e Celta. No tempo, comezaremos a semana nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, agardando a chegada dunha nova fronte na madrugada do martes.
     
    15 min
  • Crónica de Galicia - 13/11/22
    Domingo, 13 de novembro. Nun día coma hoxe de hai 20 anos o Prestige iniciaba o seu tráxico periplo polas costas galegas. Era o inicio dunha Marea Negra destinada a escribir moitas páxinas da historia de Galicia. E hoxe, dúas décadas despois, acto de lembranza e homenaxe ós voluntarios en Camariñas, coa participación da portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez. Seguen vixentes tamén as reclamacións de Nunca Máis, que este mediodía volvía pedir que se baixe ó pecio para comprobar o seu estado. Alí aínda se almacenan máis de mil toneladas de fuel. Contra as dúas menos vinte imos lembrar, a través dunha ampla reportaxe, o accidente e os primeiros días da catástrofe. Polo demais, estamos pendentes do inicio esta próxima medianoite da folga de transportistas, que a Galicia chega co sector dividido
    31 min
  • Reportaxe Os 7 dias do Prestige - 13/11/2022
    Viaxamos vinte anos atrás para recordar a historia do Prestige, desde que o 13 de novembro do 2002 marcou para sempre a historia de Galicia. Un percorrido sonoro polos días claves da catástrofe. Unha reportaxe de Andrea Oca e Xaquín Maceiras.
    19 min
  • Crónica de Galicia - 12/11/22
    Os actos polo vixésimo aniversario do accidente do Prestige centran boa parte da actualidade esta fin de semana. O BNG estivo este mediodía en Camariñas. Mañá será a quenda do acto institucional, coa portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez. Tamén se cumpren 20 anos da condena a ENCE por delito ecolóxico. Unha sentenza que a Asociación en Defensa da Ría celebra hoxe en Pontevedra. No tempo da entrevista imos falar con Ofelia Rey, catedrática da Universidade de Santiago que vén de recibir o Premio Nacional de Historia de España
    30 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.