Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 02/11/22
    Distintas mobilizaicóns poden alterar hoxe o cumprimento dalgúns servizos: por exemplo o de axuda no fogar onde hai convocada folga... ou nos autobuses urbanos de Vigo, con paros parciais.
    Os que si retoman a actividade son os brcos que se dedican a extracción da voandeira, boa parte deles do porto de Cambados.
    E, xa non o intenten, no perda o tempo.... en pouco máis dunha hora xa se esgotaron os bonos cultura.
    Deportes. O Lugo buscará un resultado positivo en Eibar que lle permitan alonxarse do descenso
    15 min
  • Crónica de Galicia - 01/11/22
    Considera que os problemas fronteirizos están nun segundo plano: os gobernos de ámbolos países teñen máis interés en falar de cuestións europeas, como a enerxía. Paros nos autobuses de Vigo. Os traballadores de Vitrasa retoman mañá as mobilizacións pra que a empresa, que quere baixarlles o salario, negocie un novo convenio. Cabreo dos mariscadores que faenan a pé na ría de Noia. Van pasar a semana en branco. A confraría acordou que non se saia traballar nin mañá nin o xoves xa que a marea baixa e moi tarde e non se pode retrasar a poxa. Despois de dúas semanas, os casos activos volven baixar dos dous mil.
    En cambio, as hospitalizacións seguen aumentando....hai máis de 200 persoas ingresadas con COVID e sanidade comunicou outros tres falecementos. O tempo. Hoxe con máis claros.
    31 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 01/11/22
    A Xunta descarta recuperar a tarxeta básica. ante as críticas da oposición,sinala que foi unha metida extrordinaria, durante a pandemia, e que agora hai outros mecanismos de axuda.
    As nove desta mañá retomaranse en Pontevedra os lavores de busca do padexeiro desaparecido no Lérez o pasado Venres.
    E, hoxe actívase o plan de vialidade invernal tanto nas estradas que dependen da Xunta como as que son competencia do Goberno central.
    O tempo. Este martes, festivo, Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con escaso risco de chuvias
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 31/10/22
    A Conselléria de políticas sociais é a segunda que contará con un maior orzamento de cara o vindeiro ano. Un 16 por cento máis ca no ano pasado. Unha decisión ante a cal a Xunta decidiu suprimir a Tarxeta Básica pras familias vulnerables. Tamén medra considerablemente o investimento da Conselléira do Mar, que contará con máis de 200 millóns pro 2023. Cartos cons que a consellería adiantou que lanzarán axudas pro Sector do mar.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 31/10/22
    O orzamento que a Xunta destinará o vindeiro ano a políticas sociais é o que máis se icnrementa. Porén, non servirá pra recupera-la tarxeta básica, que permitía ás familias vulnerables ter uns fondos cos que mercar alimentos ou productos de hixiene. A consellaria insiste, fronte ás demandas do sector e a oposición, en que esa ferramenta non é axeitada, e aposta por reforza-la renda de inserción, cunha suba do 8%.
    26 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.