Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 7:45 - 31/10/22
    O fiscal xeral do Estado defende un novo modelo procesal no que a instrucción estea a cargo do ministerio público. Entrevistado este domingo nesta emisora, Alvaro García Ortíz lembrou a súa tarefa no xuizo do Prestige e cré que España aínda poderá cobrar os mil millóns que ten pendentes a aseguradora. Este luns seguirá por cuarto día a busca do piragüista desaparecido no Lerez... E, as estradas deixannos dúas víctimas mortais no que levamos de ponte.
    Deportes. Malos resultados para Celta e Lugo que están pegados ós postos de descenso. O tempo.
    Hoxeagárdase o paso dunha nova fronte. Será un día de ceos moi nubrados pola mañá con chuvias, que irán remitindo co avance da tarde.
    15 min
  • Crónica de Galicia - 30/10/22
    Os sucesivos trens de borrascas de outubro e que mesmo trouxeron anegamentos, como lles contamos neste informativo onte, non abondan para dar por concluida a seca que se remonta ao inverno pasado. Así o aseguran desde Augas de Galicia que suliñan que para recuperar valores normais teñen que vir un outono e inverno chuviosos. Nas Urxencias do Hospital de Santiago hai polémica despois de que o xoves pasado renunciaran o coordinador e as supervisoras acusando ao persoal do servizo. Éste responde que pretenden descargar neles responsabilidades que non son súas. No tempo da entrevista o convidado é Fiscal Xeral do Estado.
    Álvaro García Ortiz participou na macrocausa do afundimento do Prestige, do que se van cumprir 20 anos. Cre que ainda é posible cobrar da aseguradora do petroleiro os 1.000 millóns de dólares que adebeda
    31 min
  • Crónica de Galicia - 29/10/22
    Noite con chuvias moi intensas a deste sábado en particular na provincia de Pontevedra e sur da Coruña. Na cidade do Lérez recolleronse 47 litros por metro cadrado. Rexistraronse en todo caso incidencias menores. Na política arestora o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijoo, arroupa en Lugo a Elena Candia como candidata a alcaldía da cidade. E neste informativo escoitaremos a voz, nunha entrevista repousada, da gañadora do Premio Nacional de Narrativa 2022, Marilar Aleixandre
    31 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 28/10/22
    Desde primeira hora desta tarde estamos moi pendentes da desaparición dun piragüista en augas do Río Lerez ao seu paso por Pontevedra. Ata o de agora os efectivos que están traballando alí non deron co seu corpo. E no debate político instalase a reclamación dunha mellora da rede ferroviaria de cercanías en toda Galicia. Os orzamentos do Estado nos que aparece un investimento moi cativo está a ser o detonante desta esixencia.
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.