Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Crónica de Galicia - 05/10/22
    A Coruña acolle esta tarde o cumio hispano-alemán. A alcaldesa, Inés Rey, terá unha reunión privada con Pedro Sánchez en María Pita antes do encontro internacional, e tamén haberá un saúdo ós voceiros dos grupos municipais. O ministro de pesca confirmou no Congreso a presentación dun recurso contra o veto a pesca de fondo en case un cento de áreas mariñas do atlántico. Os deputados do PP, Joaquín García Díez, e BNG, Néstor Rego, resaltaron no debate o grave impacto que a prohibición terá para a flota galega. Os informes científicos recomendan pechar a pesca do xurelo ó norte de Fisterra durante o ano que vén. O sector do cerco agardan que a Administración free esa proposta e advirte de que se a vai adiante se verá abocado ó amarre ou a reciclarse. Unhas cincuenta persoas son atendidas cada anoen urxencias na área de Pontevedra por unha conducta suicida. Estas pacientes desde hoxe serán derivados á unidad específica aberta no centro de especialidades da Casa do Mar de Pontevedra. O tempo. foise nubrando polo norte e mesmo pode chover algo pero é unha fronte transitoria.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 05/10/22
    Nove anos despois do accidente do Alvia comeza o xuizo con dous únicos acusados, o maquinista e o que entón era o director de circulación de Adif. A vista iniciarase ás 9:30 con cuestións previas. Por exemplo, o tribunal deberá decidir se acepta como proba un video elaborado por Adif sobre o tramo no que ocorriu o accidente. As víctimas agarda que o xuizo permita coñecer a verdade.
    E hoxe, outro centro de atención...A Coruña co cumio hispano-alemán, con Pedro Sánchez e Olaf Scholz á cabeza das dúas delegcións
    16 min
  • Crónica de Galicia - 04/10/22
    Setembro foi, como ven sendo habitual, un mal mes pro emprego en Galicia. E nesta ocasión, contra a tendencia dos últimos meses, a nosa comunidade tivo un comportamento moito peor que a media nacional: o paro aumentou o dobre. Malos datos que responden á estacionalidade do emprego creado nos últimos meses, e que provocan preocupación sobre o que virá nos vindeiros meses. A XUnta, porén, destaca o aumento do emprego no último ano, e que o dato de parados é o mellor dende o ano 96.
    45 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.