Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo Galicia 19:50 - 06/10/22
    Segunda xornada do xuizo polo Accidente do Alvia en Angrois no 2013. Hoxe coas decalracións do maquisita do tren, Francisco Garzón que recoñeceu que se despistou por estar obrigado a atender unha chamada do seu interventor. Bruxelas ratificou as Plabras do Ministro Planas, e aclara que a veta de pesca en 87 caladoiros comunitarios non é aplicable a quelas prácticas que non pasan dos 400 metros de profundidade.
    10 min
  • Crónica de Galicia - 06/10/22
    Bruxelas rebaixa á metade o número de zonas nas que a partir do domingo queda prohibida a pesca de fondo. Exclúe 41 das 87 áreas que inicialmente incluía a medida. Nesas zonas non se pesca a profundidades superiores ós 400 metros que son as que lles afecta a norma. Mobilización sindical en toda Galicia esta mañá para reclamar unha suba salarial en paralelo ao aumento dos prezos. Na Coruña houbo ata tres concentracións para pedir que a patronal atenda as reclamacións, do contrario pronostican un outono quente. Satisfación na comarca de Ferrol coa creación dun fondo de compensación que repare os danos e prexuizos causados pola exposición ó amianto. Hai milleiros de afectados na comarca, dos que a metade aínda non conseguiron a indemnización que demandaron nos xulgados. O Consello da Xunta aprobou o relevo do director xeral de FP, José Luis Mira.
    O presidente Alfonso Rueda a segura que o relevo foi a petición propia e nega que se deba a disensións na Consellaría de Educación. O tempo. pola tarde os ceos volverán quedar despexados, só con nubes na mariña. As temperaturas altas nestas horas centrais do día.
    45 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 06/10/22
    Hoxe escoitaremos ó primeiro dos dous acusados no xuizo do Alvia. Ás nove e media empezará o interrogatorio o maquinista do tren que descarrilou en Angrois hai nove anos. O exdirector de seguridade de Adif declarará mañá... na primeira xornada accedeu á sala por unha porta traseira do edificio pero á saída recibiu os apupos das victimas..
    E, estamos pendentes da presentación do recurso contra o veto á pesca de fondo que anunciou o ministro de pesca... a Xunta pide que inclúa solicitude de suspensión cautelar da medida
    15 min
  • Informativo Galicia 19:50 - 05/10/22
    Esta mañá arematou sa primeira sesión do Xuizo polo accidente do Alvia. Ata o Gaiás acudiron familiares e vítimas do suceso, ademáis do primeiro dos dous acusados polo sinistro, Andrés Cortabitarte, quen fora dirixente de Adif por aquel entón. Sesión pra tatarr cuestións previas. haberá que agardar un pouco pra escoitar ós dous únicos acusados, o maquinista e un ex-alto cargo de ADIF. Que declararán mañá e o venres.
     
    10 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.