Galicia Informativos

Galicia Informativos

By Radio NacionalNews
Download on the App Store

Galicia Informativos episodes

  • Informativo A Coruña 8:45 - 10/10/22
    Os armadores da provincia traballan xa ó que dita o novo regulamento europeo sobre a pesca de fondo. Prohibido faenar a máis de 400 metros de profundidade de 87 áreas do Atlántico. De momento, todo está a transcorrer sen incidencias, pero o sector xa avisa de que acabará habendo conflito. As vítimas do Alvia denuncian trato de favor ó ADIF no xuízo que vén de comezar na Cidade da Cultura de Santiago. O proceso retómase o xoves, coa declaración do ex director de Seguridade de ADIF, Andrés Cortabitarte. En Oleiros, os veciños do Couto volven concentrarse hoxe en demanda dun paso de peóns. Critican que se considere a falta de vivendas coma un argumento válido para non adoptar a medida. Hoxe comeza en Ferrol a sexta Edición do Festival de Artes Escénicas "Fóra do Mapa". Vaise prolongar ata o sábado
    15 min
  • Informativo Galicia 7:45 - 10/10/22
    Galicia amence pendente da pesca ante a primeira semana coa nova normativa europea que veta a actividade de fondo nas áreas protexidas do Atlántico. Vintecatro horas despois da súa entrada en vigor, o temor é que existan conflitos entre as diferentes artes pesqueiras ó ter que compartir zonas de traballo. De momento, o goberno pedirá a nulidade da medida ante o tribunal de xustiza da Unión. En todo caso, pendentes esta tarde da comisión de pesca en Bruxelas. Hoxe comeza a campaña de vacinación da gripe pros grupos de risco, incluidos os nenos de entre 6 meses e 5 anos. E a noite deixa un falecemento nas estradas. Unha muller de 90 anos morreu en Melide tras unha colisión frontal. Nos deportes, derrota do Celta contra o Barça no Camp Nou por un gol a cero
    15 min
  • Crónica de Galicia - 09/10/22
    O primeiro día co novo regulamento europeo sobre a pesca de fondo en vigor transcorre de momento sen incidencias, pero os armadores xa advirten de que o conflito entre as distintas artes vai ser inevitable. Ademais, tra-lo éxito da concentración deste sábado en Ribeira, non descartan novas mobilizacións.
    A partir das dúas menos vinte imos falar coa secretaria xeral de Pesca, Alicia Villauriz, que pon o foco no prexuízo que o veto europeo vai supoñer, sobre todo, para o palangre
    31 min
  • Crónica de Galicia - 08/10/22
    Hoxe é o día. O sector pesqueiro galego sae á rúa en Ribeira para protestar contra o veto europeo á pesca de fondo en 87 áreas do Atlántico. A cita, a partir das sete, a só unhas horas de que entre en vigor o novo regulamento. Protesta tamén este mediodía en Santiago das traballadoras sociosanitarias de axuda a domicilio. Polo demais, a consellería de Sanidade avisa de que segue a repuntar a pandemia e apela a vacinarse coa dose de reforzo. Anuncia unha suba de máis do 50 por cento no orzamento de vacinación pro vindeiro ano. E a voltas de novo cos orzamentos estatais, con declaracións de tódolos líderes políticos. No tempo da entrevista hoxe falamos con Mofa e Befa
    31 min

About Galicia Informativos

From the publisher's feed

La actualidad gallega contada desde nuestros centros de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.